Lugo 31, xullo, 2018. O Grupo Provincial do PP presentou unha moción de urxencia, que conseguiu sacar adiante co voto en contra do PSOE, para exixir que o Goberno Provincial coa maior axilidade posible solvente a situación producida en Suplusa para que os traballadores cobren as nóminas que se lle adebedan. O PP pídelle ao Goberno da Deputación que escoite á maioría do Pleno, 15 deputados, fronte aos 10 do PSOE, que se implique no pagamento das nóminas.
Elena Candia replicoulle ao voceiro e secretario xeral do PSOE que “en política non lle vale todo. Cómpre recordarllo. Non ten moita responsabilidade de goberno porque o que fai aquí o fai con bastante irresponsabilidade”. Así, lamentou que o voceiro do PSOE nin tan sequera disimulara o seu sorriso durante o debate da iniciativa.
A voceira do PP esgrimiu que a institución debera implicarse, aínda que censurou que ao PSOE “non lle preocupen demasiado eses 29 traballadores, nin os que lle prometeron traballo e despois non llo deron”.
“Fai escasos minutos dicíalle ao voceiro non adscrito que tiña que ir rozar a Augasmestas. Contan con eles para traballar pero non lles queren pagar”, expuxo.
Candia precisou que “existe un problema que vai máis alá da dicotomía Manuel Martínez-PSOE. Hai 29 persoas que non saben cando van cobrar a nómina. Temos a obriga de dar unha solución, non é analizar o pasado. Esta moción é para dar unha solución de futuro inmediato. Pedimos resolver o problema de xullo e a partir de aí a través dos informes xurídicos apoiaremos o nomeamento accidental ou a normativa que estea dentro da Lei”.
Desde o PP defenderon que existe un mecanismo que se pode poñer en marcha “e temos a obriga de facelo desde a Deputación e, por máis que intenten evadir responsabilidades, son responsables de que non cobren”. Os populares apostan por aplicar a base do artigo 35, “creo que é unha solución inmediata para que cobren e haxa tempo para cubrir esa praza, a mesma colaboración que se fai con moitos concellos da provincia”.
“Hai que resolver o problema porque hai 29 persoas que non están cobrando esa nómina”, pediu Candia, quen recordou que o deputado non adscrito preside Suplusa co voto a favor do PSOE.
As liortas internas levan a esta situación
Candia explicou que a esta situación se chegou polas loitas internas e polo odio inexplicable que teñen entre vostedes e que acabaron pagando as persoas seleccionadas en procesos como o das residencias. “O que non creo que lles quede dúbida é que hoxe tiñan a posibilidade de resolver esta situación, como fai con moitos concellos da provincia cando teñen vacantes de Intervención”. “Se alguén utiliza aos traballadores de Suplusa é o PSOE porque hoxe tiña ocasión de colaborar e poñer a disposición unha solución para acometer un gasto corrente previsible, como son as nóminas dos traballadores”, concluíu.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



