Lugo, 31 de xullo de 2018. Por 1ª vez o Pleno Provincial retransmitiuse en lingua de signos por iniciativa do Goberno da Deputación. O Deputado de Relacións Institucionais e Voceiro do Executivo, Álvaro Santos Ramos, avanzou que “esta actuación enmárcase dentro do noso compromiso coa plena inclusión social e na aposta que mantemos por unha Deputación coas persoas”. Deste xeito, o Goberno acordou coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia contar con intérpretes nos Plenos Provinciais, para que estes sexan accesibles a todas as persoas que o desexen seguir.
Neste senso, o Executivo xa levou ao Pleno varias iniciativas para promover a lingua de signos en diferentes ámbitos. Entre elas, o Executivo aprobou o pasado ano unha moción para instar tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Educación a que impulse a introdución da lingua de signos na ensinanza obrigatoria, non só no ámbito dos estudantes, senón tamén do profesorado.
Santos Ramos engadiu que “o número de persoas en Galicia que sofren unha discapacidade sensorial é de case 40.000. Destas, unhas 3.400 son da provincia de Lugo, motivo polo que consideramos fundamental poñer en marcha este tipo de actuacións para conseguir a súa plena integración na sociedade”.
A linguaxe de signos ten o recoñecemento de Lingua Oficial dende a aprobación da Lei
27/2007, de 23 outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, o que foi un antes e un despois para as persoas afectadas por estas situacións.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



