Barreiros, 4 de febreiro de 2010. O BNG de Barreiros denuncia o estado deplorable que presentan os accesos á capela de San Caetano. Antonio Veiga alerta que a zona podería quedar incomunicada e pídelle ao alcalde que acometa os arranxos necesarios para evitar que isto poida producirse.
Os nacionalistas critican o estado que presenta toda a rede viaria en Barreiros, pero sobre todo os accesos á capela de San Caetano e á área recreativa daquela zona en Celeiro de Mariñaos. Antonio Veiga asegura que “levan un ano e tres meses cortados desde as riadas de novembro de 2008. Naquelas datas unha tromba de auga, pero debido sobre todo ao mal estado das cunetas, ocasionou que se crease unha bolsa enriba dun treito da pista que fixo que se derrubase. E desde daquelas están cortados os accesos desde o sur, unha situación que se agrava na zona norte, que está nun estado lamentable, dado que por alí pasan os camións que traballan as obtras de construcción da autovía”.
O grupo municipal do BNG advirte que “estamos a piques de deixar incomunicada unha zona como é San Caetano, onde ademáis se está a traballar na construcción dun establecemento hoteleiro. Nós entendemos que a situación é grave e así llo fixemos constar ao alcalde no último pleno e a resposta foi que xa se irá arranxando ao longo do 2010. É o mesmo que dixo no 2009 e seguimos igual e o cabreo entre os veciños é maiúsculo porque consideran que esto é unha tomadura de pelo. Vendo o que gasta o Concello, os orzamentos, determinadas partidas e o pouco que lle adica á rede viaria e ao seu mantemento é para alarmarse”.
Veiga Outeiro considera que “hai que tomar medidas urxentes nesa zona, porque ademáis por onde se produciu o derrube pasa toda a rede de abastecemento de auga que sube da potabilizadora de Celeiro de Mariñaos ata o depósito xeral. Si se producira outro derrube podería haber unha desfeita en caso de que rompesen todas as tuberías de subida e de bombeo de auga. Creo que o alcalde está a tomar este asunto á lixeira, é un tema importante e non sei si ten algo contra esta parroquia, pero a súa intención non é solucionar este asunto e eso é o que lle esiximos no pleno. O malestar entre a veciñanza cada día aumenta”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



