Ribadeo, 11 de setembro de 2018. Desde o equipo de goberno de Ribadeo insisten en que o IBI baixará o vindeiro ano un 16%, tal e como xa anunciou e explicou hai meses o alcalde, Fernando Suárez. Toda a tramitación a realizar tras a actualización dos valores catastrais por parte do Estado ocasionou que este imposto se incremento neste ano un 8% en Ribadeo e o equipo de goberno para contrarrestar esta suba, que non estaba prevista, acordou nun pleno celebrado o pasado mes de marzo que o IBI descenda un 16% o vindeiro ano e que toda esta situación volva á normalidade no 2020.
Xa en xaneiro deste ano o alcalde, Fernando Suárez, referiuse á modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI: quixemos contrarrestar a suba que o Ministerio de Facenda aplicou aos valores catastrais, dándolle un coeficiente de actualización do 8%. E nosoutros para contrarrestalo quixemos baixar o tipo que o Concello ten que determinar para aplicar, baixalo nun 8% para que a cota resultante sexa a mesma”.
Naquel momento o rexedor ribadense dixo que “con isto vimos comprobar de maneira verídica o noso compromiso de non subir o IBI, de non subir os impostos nestes últimos anos, e así o vimos cumprindo. Polo tanto a xente pagará o mesmo que pagou o ano anterior e o mesmo que pagou o ano inmediatamente anterior tamén, sen prexuízo de aqueles que tiveron unha revisión catastral por cuestións que non estaban declaradas ou que non estaban correctamente declaradas polo motivo que fora. O tipo actual fixado para o ano 2018 foi do 0’62%”.
En marzo deste 2018 o alcalde lembraba que “o 30 de decembro do ano pasado saíu no Boletín Oficial do Estado o índice de actualización de valores catastrais, e para Ribadeo incrementábase nun 8%. Como a lei tamén permitía poder compensar esta suba ata o 1 de marzo de 2018, no pleno de xaneiro fomos extremadamente dilixentes desde que saíu aprobado no BOE e aprobamos nós reducir esta porcentaxe para que todo seguira igual. A circunstancia negativa de todo isto é que no devir administrativo da administración pública, entre mandalo ao boletín, publicalo no BOP, que non depende de nós, e todo o tempo de exposición pública, non entrou en vigor a tempo, é dicir non entrou en vigor para o 1 de marzo. Polo tanto este ano 2018, aínda que a Corporación Municipal quixo non subir a contribución, vai subir no 8%”.
Para compensar esta situación nesa sesión plenaria do mes de marzo de 2018 acordouse que “para o ano que ven non se baixe un 8% senón un 16%, o dobre exactamente, para que todo quede igual e a suba deste ano se compense coa baixada do ano que ven de maneira dobre, para a partir de aí, nos exercicios de 2020 en diante, mantelo como se nada tivera pasado. Fomos desde o goberno municipal moi dilixentes para que esta suba non tivera efectos, pero as circunstancias administrativas de boletíns, publicacións, etc… que non están nas nosas mans, impedírono. Polo tanto, como si están nas nosas mans baixamos o dobre o ano que ven para que en definitiva todo quede igual”.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



