Lugo, 12 de setembro de 2018.- Nos sete primeiros meses do ano a provincia de Lugo recibiu preto de 350.000 viaxeiros que fixeron máis de 630.000 noites nos establecementos que conforman a oferta turística regrada da Comunidade. Deles, máis de 73.000 viaxaron en xullo, sumando máis de 140.000 noites nese mes.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu a coñecer estes datos e subliñou “o contexto de consolidación turística no que nos atopamos”, como constata o feito de que a estadía media medrase un 12% só no mes de xullo e un 10% nos sete primeiros meses do ano.
O sector que está a ser máis beneficiado por afluencia de viaxeiros e o incremento do número de noites que pasan na provincia é o hoteleiro, que medrou máis dun 5% na súa demanda nos sete primeiros meses do ano e que presenta o nivel de ocupación máis elevado, cun incremento de máis dun punto con respecto a 2017.
A provincia conta, ademais, con algúns dos destinos que máis intensamente están a medrar durante este ano 2018. É o caso da Mariña lucense que no primeiro semestre deste ano foi o segundo destino galego que máis medrou (un 9,5%) só por detrás de Ferrolterra (cun 11%).
Produtos de tempada
O delegado incidiu no esforzo que realiza a Xunta, a través de Turismo de Galicia, para desestacionalizar o turismo poñendo en valor os recursos máis destacados de cada época do ano, e lembrou que xa está promovendo diferentes produtos da tempada de outono, como os Outonos gastronómicos.
Igualmente, nas vindeiras semanas terán continuidade os Trens Turísticos de Galicia, que prevén máis de 20 saídas e novas rutas no outono tras acadar un 94% de ocupación no verán. Na provincia de Lugo a Xunta ofrece propostas como o tren Lugo Romano (na capital), a Ruta dos Faros (na Mariña) ou a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra.
José Manuel Balseiro destacou os bos datos rexistrados no que vai de ano, “mesmo no inicio do verán, cando o sector soubo manterse pese a que a climatoloxía non foi a mellor”. Nun contexto de moderación a nivel nacional, explicou, Galicia rexistrou nos sete primeiros meses 2,4 millóns de viaxeiros que realizaron 5,1 millóns de noites.
Os viaxeiros deciden permanecer máis tempo durante a súa viaxe, cunha suba da estadía media, acompañada dun incremento das tarifas hoteleiras. Nese contexto de melloría, o sector hoteleiro de Galicia tivo uns ingresos de 145 millóns de euros entre xaneiro e xullo, contribuíndo ao emprego e ao desenvolvemento económico.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



