Lugo, 14 de setembro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno premios de 105.000 euros ao Club Voleibol EMEVE, o Ensino CB, o CB Breogán e a Cristian Toro, pola súa pola súa excelencia, premiando o seu esforzo deportivo e os éxitos acadados na pasada tempada. Rivera Capón explicou que “facémolo porque, ademais de seres deportistas dun altísimo nivel, que xa teñen demostrado en competicións a súa capacidade deportiva, son os mellores embaixadores que a provincia pode ter. Todos os lucenses, estamos orgullosos de que estes profesionais leven o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro”.
Son un total de 105.000 euros en premios que se distribúen do seguinte xeito:
25.000 euros para o Club Voleibol Emevé polo ascenso á Superliga. É o equipo de referencia do voleibol da provincia de Lugo e que mantén unha aposta decidida pola canteira. Ademais do ascenso á Superliga, este ano lograron ser subcampionas na Copa Princesa, competición na se enfrontan os tres primeiros clasificados da Superliga 2 Feminina.
25.000 euros para o Ensino CB, polo ascenso á Liga Dia. Once tempadas despois, o Porta XI Ensino CB (Durán Maquinaria Ensino) regresa á máxima categoría do baloncesto español, a liga Día. Foron 15 vitorias consecutivas en Liga Regular, que lle outorgaban o 2º posto, e 4 máis na Fase Final de Valencia que lle concedían o ascenso a Liga Dia.
50.000 euros para o CB Breogán SAD polo ascenso á ACB. Cafés Candelas Breogán volve á elite do baloncesto estatal, 12 anos despois, tras o descenso de 2006. O club foi o mellor da fase regular da LEB Ouro, o que dá unha praza fixa de ascenso na liga ACB, coñecida actualmente como Liga Endesa, que é a principal liga de baloncesto profesional de España.
5.000 euros para Cristian Toro Carballo, por seren o único medallista olímpico da provincia en activo. Compite na disciplina de piragüismo na modalidade de augas tranquilas, é o deportista de maior relevancia singular por lograr un campionato olímpico. Gañou dúas medallas de prata no Campionato Mundial de Piragüismo de 2017 e dúas medallas de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo de 2018.
550.000 euros para impulsar o deporte base
Rivera Capón explicou que o Goberno da Deputación está comprometido tamén co deporte base e co tecido asociativo lucense, xa que a través deles ademais de transmitirse valores tan importantes para unha sociedade como o esforzo ou a superación, impulsa a vida saudable e serve de dinamizador social nos concellos.
Por iso, durante o ano pasado, o Executivo da Deputación investiu de xeito directo máis de 550.000 euros para colaborar con preto de 260 clubs e entidades deportivas da provincia de Lugo, así como con 150 deportistas individuais, co fin de apoiar tanto aos propios deportistas, como aos Clubs, axudándoos a financiar custos por eventos que realizan así como os da propia actividade deportiva que realizan.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
