Riotorto 14-9-18. O Alcalde de Riotorto en reunión celebrada o xoves 13 de Setembro en Lugo co Presidente do Suplusa Manuel Martinez e Ramón Arias conseguiu o compromiso por parte do SUPLUSA de proceder de forma inmediata a redactar o proxecto de urbanización do polígono industrial de Riotorto.
Unha vez aprobado definitivamente en pleno o plan especial SUND Villlarín-Riotorto, no que se van a poñer a disposición dos empresarios un total de 10.215 metros cadrados distribuidos en 10 parcelas, toca abordar, o seguinte paso, redactar un proxecto de urbanización para saber o custe de urbanizar os terreos.
Pensamos que o importe, rondará, os 400.000 euros.
Unha vez redactado o proxecto, presentarase nun acto público os empresarios interesados na compra dos terreos.
Agradecemos o e especialmente o seu presidente Manuel Martinez o seu compromiso en redactar este proxecto de urbanización e posterior licitación do polígono industrial. E unha demanda moi importante, xa que en Riotorto non disponemos de solo industrial para o asentamento e promoción das empresas locais.
Un pobo non pode crecer si non dispón de parcelas industriais.
Esta infraestructura tan demandada e un dos obxetivos prioritarios do noso goberno local e especialmente de esta alcaldía.
