Burela, 16 de setembro de 2018.- O Presidente da Xestora do PP de Burela, Manuel Rouco, manifesta estar “tremendamente” sorprendido pola actitude da parlamentaria socialista e actual concelleira de Burela, a Sra. Otero, e polo consentimento tácito do seu xefe no Concello de Burela, o Sr. Llano.
“No día de hoxe, algúns medios de comunicación facíanse eco da reunión mantida en Celeiro polo secretario provincial do PSOE en Lugo, a alcaldesa de Viveiro e a parlamentaria socialista, e actual concelleira de Burela, a Sra. Patricia Otero, para demandar á Xunta un Plan de Formación Marítimo-Pesqueiro para A Mariña e unha escola de estudos para o sector”, comenta o presidente da xestora local do PP, Manuel Rouco.
Rouco di que “este mesmo tema xa fora tratado no seu día polo goberno da Xunta, do que foi presidente o finado Don Manuel Fraga, alá polos anos 2003 e 2004, concluíndo que ese non era o momento máis idóneo para iniciar ese proceso”, e segue, “o que non estivo nunca por aquel entón en dúbida, pois o consenso era total, era a localización desa posible escola de estudos marítimo-pesqueiros para A Mariña, xa que pola súa xeolocalización dentro da comarca e polo seu íntimo vencello co mar, debía de ser Burela”, manifesta.
Considera que, dende o PP, “é moi gratificante de ver como as ideas plantexadas no seu día polos populares son agora recollidas polos socialistas para a súa autopromoción”. A este respecto, desexan que “non sexa un novo brindis ao sol coma no caso do desenvolvemento do polígono industrial, do pavillón polideportivo, do plan de tráfico, etc ao que xa nos teñen acostumados”.
Sorprendente posta de longo
O presidente da xestora local do PP considera que é sorprendente que o lugar escollido pola parlamentaria Otero para a súa posta de longo na nosa comarca sexa a veciña localidade de Viveiro e non a de Burila, da que na actualidade é concelleira, sobre todo escollendo a temática marítimo-pesqueira, e sendo ela sabedora da gran importancia que ten para a economía da nosa vila este sector e da sana rivalidade que, neste tema en particular, existe coa veciña localidade mariñá.
“Ela que manifestou en diversas ocasións defender os intereses de Burela é partícipe do anuncio da demanda dunha escola para achegar a profesionalización do mundo do mar á nosa comarca, amén de diversos cursos de formación do sector, precisamente no porto de Celeiro, dando a sensación -xa que as formas en política son moi importantes como ela debera saber a estas alturas- de que o que se pretende é promocionar a ubicación desta posible escola e destes posibles cursos na cidade do Landro, simplemente sorprendente”, subliña.
Neste senso, tamén recoñece que lle sorprende que o actual alcalde socialista “non apareza nese anuncio tendo en conta a relación tan vital que ten a nosa vila co mar”. “Descoñezo se estaba ao tanto pero si teño grande interese, probablemente coma moitos veciños e veciñas de Burela, en saber que ten que decir ao respecto. Se existe aún tipo de discrepancia entre as filas socialistas de Burela deberían de solucionarlo entre eles e non permitir que os seus posibles desacordos afecten ó futuro da nosa vila”, matiza.
Para concluír, indica que ” desexamos que os veciños e veciñas da nosa localidade abran os ollos e xulguen por si mesmos a forma de actuar para coa nosa vila do actual alcalde e do seu equipo de goberno, pois esta é unha mostra máis da maneira tan impropia e inadecuada que teñen de defender os intereses do noso Concello”.




















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



