Cervo 17-9-18. Sargadelos estará presente na 16ª edición do London Design Festival que se celebra todos os meses de setembro na capital do Reino Unido. Durante 9 días Londres acolle centos de eventos que terán lugar ao longo de toda a cidade e onde se promocionará a creatividade e o deseño, para elo contan con deseñadores, artistas e arquitectos de todo o mundo e un amplo programa de eventos e instalacións nalgúns dos lugares máis importantes e emblemáticos da cidade como o Vitoria & Albert Museum e Trafalgar Square.
O deseñador internacional Jasper Morrison quixo contar este ano con SARGADELOS para poder exhibir, como él define, “unha das porcelanas europeas máis antigas do mundo” no seu estudo londiniense. O mesmo Jasper visitou as instalacións de SARGADELOS en Cervo a pasada primavera nas que tivo oportunidade de coñecer o proceso produtivo e onde quedou “impresionado pola beleza das formas e os decorados” característicos da firma.
Jasper Morrison é un dos máis prestixiosos e recoñecidos deseñadores ingleses, realizou proxectos con importantes empresas como Vitra, Alessi, Flos, Rowenta, Samsung, Camper e Muji entre moitas outras. As súas pezas están expostas nos principais museos de deseño do mundo. Tamén colabora con importantes arquitectos como Herzog & de Meuron cos que deseñou o mobiliario da ampliación do Tate Modern. Conta con oficinas en Tokio, Londres e París. No ano 2001 foi recoñecido co título de Royal Designer for Industry que concede anualmente a Royal Society for Arts a deseñadores de todas as disciplinas que lograron excelencia no deseño, traballo de valor estético e beneficio significativo para a sociedade.
Na súa tenda de Shoreditch, Jasper Morrison ofrece unha variedade de obxectos simples e útiles, elixidos tanto pola súa aparencia como pola súa funcionalidade. Unha interpretación moderna dunha ferraxería clásica onde obxectos de todo o mundo conviven con deseños do propio Jasper. A disposición dos produtos obriga a un exhaustivo proceso de procura para que cada vez que se visite a tenda se poidan descubrir obxectos que non se viron antes.
Para SARGADELOS é unha honra poder participar no London Design Festival da man do influente deseñador Jasper Morrison e así mostrar a singularidade dos nosos deseños neste importante evento.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



