Lugo, 20 de setembro de 2018. A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividades aos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou este xoves, no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio nos nosos museos. A través desta programación, xunto coa nosa longa experiencia e o apoio dos docentes, buscamos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas, rigorosas e con contidos que entroncan coas actividades escolares”, sinalou.
A Deputada convidou “a todos os colexios e aos alumnos a participar nestas actividades que contribúen a súa formación, e ao mesmo tempo, son iniciativas lúdicas para que se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido. Polo tanto son unha oportunidade única para desfrutar da cultura con maiúsculas”.
Coñecer un museo, rutas franciscanas e castelos encantados, entre outras
A programación da Rede Museística é completamente gratuíta, entre as súas actividades destacan no Museo Provincial de Lugo a iniciativa Crea o teu propio museo, na que os alumnos poderán valorar a importancia que ten un museo, entendan o funcionamento e a metodoloxía de traballo, así como unha concienciación dentro da nova museoloxía. Outra proposta son as Rutas Franciscanas, coa que os alumnos farán un percorrido interactivo polas estancias que pertenceron ó antigo convento franciscano: claustro, refectorio e cociña. No Museo do Mar, os participantes poderán escoitar as historias de navegantes e cazadores de baleas, de facedores de barcos e peneiradores do mar, a través de actividades como por exemplo: A agulla de marear ou Arriba a bandeira. No Museo Pazo de Tor os asistentes coñecerán os animais representados en distintas obras expostas no Museo co Viaxe fotográfico no Museo Pazo de Tor, e tamén As árbores da historia, outra proposta coa que conta a importancia da liñaxe cos diferentes entronques familiares e os devanceiros de toda a familia. E por último, no Museo Fortaleza-San Paio Narla, desfrutarán de historias do Castelo encantado, co fin de identificar os distintos estamentos; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
Programación nos 4 museos durante todo o curso escolar
As actividades que se impartirán, durante todo o curso escolar, na Rede Museística son un total de 36, son as seguintes;
-Museo Provincial de Lugo: Crea o teu propio museo; Muller na Arte, Arte na Muller; Rutas franciscanas/Franciscanos no museo; Vivir a Prehistoria; Coñece o teu museo; Rutas Literarias; Actividades relacionadas coa exposición: Manuel Jorge.
-Museo do Mar (Cervo): A agulla de marear; Por aí resopra; Contouche alguén canto dura o teu lixo?; Arriba a bandeira; Un mar de linguas; Crea o teu propio museo; Reescribindo a historia das mulleres do mar e Muller na Arte, Arte na Muller.
-Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos): Crea o teu museo; Tor: cámara e acción; O Museo Pazo de Tor do luscofuco á candea; Viaxe fotográfico no Museo Pazo de Tor; As árbores da historia; O Museo como retrovisor histórico e Muller na Arte, Arte na Muller.
-Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol): Visita de Iniciación; O castelo encantado; Facendo Historia (Heráldica); O porvir do pasado; Na lareira; A bela Durminte; Unha sinatura medieval: un signo lapidario; Os escribáns en San Paio de Narla; Bargueños: Encaixando a creatividade; Ollando a cultura-prismáticos; Xogo de verbas; Á procura do acibeche de San Paio e Muller na Arte, Arte na Muller.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



