Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, celebrou onte unha xornada de encontro coa veciñanza de Cervo. As persoas citadas nese concello achegáronlle as súas queixas nunha sesión aberta celebrada no Salón de Actos da Casa do Mar de San Cibrao . Participaron unha vintena de veciños que puideron falar coa valedora durante dúas horas. O conflito laboral aberto na factoría local de Sargadelos centrou gran parte da axenda.
A visita incardinouse dentro dos desprazamentos que a institución do valedor do pobo fai cada mes a puntos de Galicia para dar a coñecer á institución e achegarse á cidadanía a pé de rúa. Nesta ocasión, a valedoría atendeu unha invitación realizada expresamente polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Nunha primeira parte da xornada, a valedora do pobo coñeceu as dependencias municipais, onde puido falar polo miúdo cos traballadores do concello e con membros da corporación municipal, do equipo de goberno e da oposición. Ademais das necesidades habituais de reforzar á atención aos servizos sociais e á dependencia nos núcleos máis envellecidos de Galicia, a actual situación da factoría de Sargadelos en Cervo, centrou gran parte da axenda.
Tal e como expuxo a valedora, tanto aos representantes municipais como aos veciños congregados na Casa do Mar, a institución do Valedor do Pobo pode “facer pouco” ante
unha relación de dereito privado, xa que, por lei, estas cuestións exceden do seu ámbito competencial. A pesares diso, a valedora do pobo comprometeuse coa cidadanía de Cervo a exercer “ a vixilancia dos dereitos dos traballadores para que sexan atendidos”.
Milagros Otero insistiu en que hai que seguir falando e incidindo na mediación: “Como
valedora e como persoa estudosa do tema creo que hai que ceder e entender que as
posicións extremas nunca son as mellores”. Apelou para iso á colaboración das
autoridades locais e, en especial, das persoas afectadas polo conflito para que se
acheguen á institución do Valedor do Pobo co seu problema concreto, facilitando os
datos particulares para tratar de atopar puntos onde se poda axudar. “Imos facer un
traballo de colaboración, temos vontade de axudar, déannos as claves e os puntos de
vista concretos nos que podamos incidir”, insistiu ante a veciñanza de Cervo.
Da contaminación ao mantemento de camiños Ademais da situación que afecta a Sargadelos, os veciños que asistiron a xuntanza instaron á valedora do pobo a investigar o controvertido vertido de residuos en A Caosa ou os atrancos para a catalogación, por parte de Patrimonio de Lugo, de bens arqueolóxicos atopados en A Mariña para a súa protección.
No encontro, a valedora do pobo puido coñecer da iniciativa veciñal para instaurar a
oficialidade do topónimo San Ciprián ou da necesidade de mellorar o estado das estradas desta comarca que manteñen os mesmos puntos negros, segundo indicou algún dos asistentes, que hai unha década.
As melloras no mantemento dos camiños municipais, a xestión das listas de espera na
sanidade e mesmo as políticas de transparencia municipal foron outros dos temas sobre
os que incidiron os cidadáns, e que serán obxecto de supervisión por parte da oficina do Valedor do Pobo..























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



