Burela, 28 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés calificou de “lamentable” a actuación do alcalde e dos socialistas no pleno celebrado onte, xoves, xa que votaron en contra, sistematicamente, das iniciativas presentadas polos populares para que Burela progrese tanto económica coma socialmente.
“Non do alcalde” á dinamización de Burela
Concretamente, o PSOE rexeitou a canalización do Río do Perdouro e posterior comunicación entre Vista Alegre e o Perdouro, agora só posible a través de Arcadio Pardiñas, a pesares de ese proxecto serviría como elemento dinamizador da bolsa de solo empresarial do Perdouro. Para os populares o “non do alcalde” semella que a este “non lle interesa que se asenten empresas en Burela, que xeren emprego e, polo tanto, riqueza”.
Non se desenvolve o PXOM
O equipo de goberno tamén se opuxo ao desenvolvemento do PXOM, o que evidencia, indican que “non hai nada, ningún documento elaborado”. “Cando vemos que outros Concellos xa están pensando en desenvolver os seus Plan Xerais recentemente aprobados (Mondoñedo, Foz…), en Burela non se move nin un só papel ao respecto, co que as persoas que queiran facer vivendas unifamiliares terán que irse fóra do municipio”, advirten.
Segundo os populares, “o alcalde chegou a dicir que o desenvolvemento do PXOM non é prioritario, esquecendo que o feito de que se non se desenvolve, isto supón a paralización de Burela”, remarcan.
A peor concelleira de Servizos Sociais
Dende o Grupo Municipal consideran “patético” que non se aprobe a desafección de máis vivendas sen uso no CEIP Virxe do Carme, que logo de arranxadas servirían para vivendas de acollida, punto de encontro, ou locais para asociacións. Deste xeito, resulta “impresentable” que a Sra. Otero anuncie agora, tres anos e catro meses despois, proxectos para os dous inmoblesd que desafectou e arranxou o goberno municipal do PP.
Neste senso, critican que, despois de seis meses, aínda non presentase a memoria do Plan de Igualdade 2015-2017 e tampouco teña elaborado o de 2018-2020. Tres cuestións, advirten, “polas que pasará á historia como a peor concelleira de Servicios Sociais do que leva de vida o Concello de Burela”.
Os incumpriementos do alcalde, en evidencia
O PP afirma que o alcalde quedou en evidencia cos seus incumprimentos, que provocaron a petición de reprobación, e que quedaron demostrados mesmo coas xustificacións dadas polo propio rexedor. E é que, segundo destacan, Llano “escudouse en obras de pouca entidade, que non lle serviron para demostrar que non ten proxectos que ilusionen e sirvan para avanzar de cara ao futuro. Se alguén entra na sede electrónica, poderá comprobar que a parálise do alcalde e dos socialistas é absoluta”, manifestan.
Para os populares a conclusión é evidente: “Burela leva tres anos e catro meses perdidos, que non se van recuperar nos oito meses que quedan para as eleccións. Por tanto, mentras Concellos da comarca compiten en Moto GP, nestes momentos, e por desgraza, Burela compite en vespino”.





















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



