Cervo, 1 de outubro de 2018.- O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). O tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración é mocidade e saúde mental, considerando que se trata dun asunto de gran relevancia de cara á prevención, á pronta abordaxe dos problemas de saúde mental e á sensibilización acerca desta realidade.
A este propósito, durante a primeira quincena de outubro, numerosas asociacións de familiares e persoas con problemas de saúde mental de Galicia sairán á rúa e achegaranse aos centros educativos para chamar a atención sobre esta realidade e trasladar aos poderes políticos, axentes sociais, sector educativo, medios de comunicación, profesionais de diversos ámbitos e á cidadanía en xeral, as reivindicacións e necesidades do colectivo.
Farano a través da campaña “Mocidade saudable” organizada por Saúde Mental FEAFES Galicia, que ten como obxectivo facer reflexionar á cidadanía sobre como se debe fomentar unha boa saúde mental na etapa moza. Para iso, as distintas asociacións sairán á rúa e achegaranse aos centros educativos con xogos e dinámicas nas que os participantes poderán identificar condutas favorables e desfavorables para a saúde mental.
No caso de A Mariña, estas accións desenvolveranse o martes 2 de outubro no Centro de Saúde de Cervo, o mércores 3 no Centro de Saúde de Ribadeo, o xoves 4 no Centro de Saúde de San Ciprián e o venres 5 no Centro de Saúde de Burela.
As actividades presenciais completaranse coa webmocidadesaudable.org, que inclúe xogos online para poñer en práctica os coñecementos sobre saúde mental, material informativo e recursos didácticos. Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag#mocidadesaudable, animando aos internautas a subir fotografías indicando hábitos favorables ou desfavorables para a saúde mental.
Mocidade e saúde mental
A adolescencia é un período delicado cheo de cambios, inseguridades, presións e desaxustes entre as aspiracións e a realidade. Por iso, os mozos e mozas son particularmente sensibles aos problemas relacionados coa saúde mental, polo que é fundamental coidar certos aspectos e educar na saúde en todos os ámbitos.
Os datos revelan que entre o 10 e o 20% dos nenos, nenas e adolescentes teñen problemas de saúde mental. A metade das enfermidades mentais presentan síntomas antes dos 14 anos, e tres cuartos delas comezan antes dos 24. Neste contexto, o sector educativo xoga un papel fundamental, enfrontándose aoreto de crear un ambiente escolar onde os mozos e mozas se sintan cómodos, respectados e integrados.
Para previr os trastornos mentais en idades temperás, é importante involucrar ás familias e ás institucións educativas na etapa de prevención, desenvolvendo técnicas de detección temperá, intervención precoz e un clima relacional positivo e saudable nocontexto educativo, familiar e social. Para iso, é preciso o investimento de recursos humanos e financeiros, ademais de fomentar vínculos intersectoriais que permitan traballar conxuntamente aos diferentes sectores e actores implicados.
Por tanto, aproveitamos a conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental para reivindicar a urxente necesidade de que a saúde mental dos mozos e mozas estea na axenda política, coa fin de reverter a advertencia da OMS que indica que os trastornos mentais serán a primeira causa de discapacidade en 2030.
Asociación A Mariña
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña naceu en 1999 e foi fundada por familias afectadas por problemas de saúde mental que uniron os seus esforzos para loitar por un obxectivo común: lograr que aos enfermos mentais e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada, buscando a integración dos mesmos na sociedade e traballando, para iso, na súa rehabilitación psicosocial e laboral.
Actualmente conta con máis de 200 socios colaboradores e con 75 usuarios, que se benefician dos servizos prestados nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e de Ribadeo, na vivenda tutelada de Burela e na Unidade Residencial de Cervo.
Na Unidade Residencial de Cervo, será onde celebraremos o día 10 de Outubro, DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL, xa que a partir das 19:00h temos previsto a chegada de autoridades xunto con usuarios, familiares e público en xeral para facer un acto conmemorativo do noso día no que a parte de ler o manifesto e Presentar a Revista “Agarimo” con grandes novidades tamén disfrutaremos dun ágape de confraternización tódolos asistentes.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



