Lugo, 23 de outubro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, presentaron este mércores a 40 edición do Rally San Froilán, que terá lugar os vindeiros días 27 e 28 de outubro. Fixérono acompañados do Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, e os Alcaldes dos Concellos de Friol, Meira, Pol e Outeiro de Rei, municipios polos que transcorrerá a proba. No acto tamén participou a Vicepresidenta da Escudaría Miño, Mayte Vilanova López e o Presidente da Escola PTC, Antonio Solórzano.
O Goberno da Deputación e do Concello de Lugo son os principais patrocinadores da cita, que reunirá a 105 pilotos, entre os que se atopa Víctor Senra, o actual campión galego, que competirá polo título con Alberto Meira e Iago Caamaño. Xunto a eles atópase Adrián Díaz, campión do Rally San Froilán 2017.
O organismo provincial realiza unha achega de 30.000 euros para a organización do Rally San Froilán, que se suma aos 17.000 euros que o Executivo destinou á posta en marcha do VII Volante Deputación, a iniciativa mediante a cal un afeccionado lucense, José Miguel Rodríguez, poderá participar de balde na competición, dentro do equipo PTC Escuela e aos mandos dun Suzuki Swift Sport, tras recibir cursos de formación.
Campos Conde subliñou que “Esta competición supón unha oportunidade única para a dinamización da provincia, pois congrega de media a uns 40.000 espectadores, cun retorno económico estimado dun millón de euros para a provincia, segundo a propia organización”.
O Presidente da Deputación apuntou que “a de Lugo é unha Deputación que aposta decididamente polo deporte. Somos, sen dúbida, a administración que máis inviste neste eido na provincia. E, como non podía ser doutro xeito, ano a ano ratificamos o noso compromiso co deporte do motor, cunha achega próxima aos 140.000 euros. Estes fondos permiten: conceder becas aos mellores pilotos da provincia, a través dunha pioneira liña de axudas que impulsamos dende o Executivo; a organización e celebración do Volante Deputación, que este ano cumpriu a súa sétima edición, formando a afeccionados do deporte automobilístico; e, por suposto, para facer posible as subidas a Chantada e á Pontenova e tamén o Rally da Ulloa”.
As cifras do rally
Segundo a organización do 40 Rally San Froilán, o evento terá unha importante repercusión na economía da provincia, xa que producirá un retorno económico para Lugo de preto dun millón de euros, que beneficiará sobre todo aos concellos polos que transcorrerá o evento. O sector hoteleiro incrementará a súa demanda de aloxamento durante os dous días de duración dos actos desta cita automobilística, coa reserva de arredor de 150 habitacións dobres, e os establecementos de hostalería verán tamén notablemente aumentados os seus beneficios.
Percorrido
O 40 Rally San Froilán, puntuable para o Campionato Galego de Rallys, estará formado por un percorrido de 378,35 quilómetros dos cales 91,73 quilómetros corresponden a 8 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ao tráfico. A proba constará de dúas etapa dividida en cinco seccións:
TREITO 1ª PASADA 2ª PASADA
A – OUTEIRO DE REI 08:53 12:06
B – FRIOL 09:16 12:29
C – MEIRA 17:17 20:12
D – POL 17:45 20:40
Na xornada do venres 26 levaranse a cabo as correspondentes verificacións técnicas e administrativas. O sábado 27 será a xornada na que se disputará o rally, o cal comezará ás 08:00 horas coa saída do primeiro participante da primeira das seccións. Ás 10:28 horas sairá o primeiro participante da segunda sección e ás 14:20 horas terá lugar a saída do primeiro participante da terceira sección. Ás 18:54 horas, o primeiro participante da cuarta sección tomará a saída. Ás 00:00 horas publicaranse os resultados da proba.
Normas básicas de seguridade
A organización do Rally recordou aos afeccionados a importancia de situarse en lugares fose de perigo, é dicir, lonxe da posible traxectoria dunha saída de estrada dos participantes e, sobre todo, non situarse diante de lugares sólidos como muros de pedra, valla, vehículos, árbores, colectores, etcétera. Así mesmo, solicitou a máxima colaboración para intentar cumprir e respectar en todo momento as medidas establecidas, respectando e obedecendo as recomendacións dos Comisarios, Protección Civil e Forzas de Seguridade.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
