Barreiros, 25 de outubro de 2018.- Os socialistas de Barreiros critican que o Concello do PP decida gastar 250.000 euros en dúas anualidades para o servizo municipal de mantemento e reparación da rede de abastecemento da auga, cando o Consistorio conta con máis de 80 persoas no seu persoal que poderían desempeñar estes traballos. Así o denunciou este xoves a voceira do PSOE en Barreiros, María Carmen Veiga, que apuntou que “con estes cartos poderíamos mellorar a rede de abastecemento e non teríamos os problemas que estamos tendo, cun servizo deficiente, con continuas roturas da traída de auga central, como aconteceu hai pouco na parroquia de San Cosme”.
“Os socialistas confíamos na profesionalidade do persoal municipal, pero se non están cualificados, sería moito máis produtivo e económico ofrecer cursos de formación á ampla nómina de traballadores, en vez de pagarlle a unha empresa para que preste un servizo que moitas veces non redunde nun mellor funcionamento”.
O Grupo Municipal Socialista censura que dende o goberno do PP se estean privatizando servizos municipais de Barreiros que anteriormente realizaba o Concello. “É un modelo equivocado que o único que busca é esconder as deficiencias da xestión deste Alcalde. Son as políticas ás que nos ten acostumado o PP, que só se preocupan nos intereses persoais en vez de atender as necesidades dos veciños e veciñas” censurou a voceira do PSOE.
María del Carmen explicou que “con 125.000 euros ao ano o Concello do PP podería desenvolver proxectos e iniciativas sociais para mellorar as prestacións públicas, e deste xeito, o benestar dos barreirenses. Como por exemplo, abastecer ao conxunto do municipio de rede de saneamento porque é lamentable, que na actualidade, máis do 65% do territorio de Barreiros non o teña. Tamén podería acondicionar camiños e accesos que levan preto de 20 anos sen arranxarse ou dotar de Centro de Día ao Concello, como prometeu o Alcalde”.
Sen mapa da rede de abastecemento
A voceira socialista informou que o Concello de Barreiros “non ten definido o mapa da rede de saneamento, polo que cando temos algún tipo de avaría, os traballadores tardan días en arranxala porque non dispoñen dun itinerario das traídas de auga municipais, prexudicando aos veciños e veciñas que non poden contar cunha necesidade básica, como é a auga, para o seu día a día”.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



