Viveiro 25-10-18. O pasado xoves, ante a noticia sobre a intención da multinacional Alcoa de pechar as fábricas da Coruña e Avilés, esta Alcaldía remitiu unha carta ao Comité de Empresa co fin de solicitar unha xuntanza na que, segundo se indicaba, me gustaría coñecer de primeira man toda a información ao respecto e ofrecer a disponibilidade deste concello para realizar todas e cantas xestións estean ao noso alcance para garantir o mantemento dos postos de traballo, pois somos conscientes do impacto social e económico que supón o peche de calquera das plantas desta empresa.
Alcoa é para Viveiro, igual para que todos os concellos da comarca, unha das empresas máis importantes, contando con máis de mil empregos directos, ademais da gran cantidade de postos indirectos que xera no resto da Mariña, polo que entendemos que, na medida das nosas competencias, todos debemos colaborar para garantir a súa supervivencia e futuro.
Neste momento estamos á espera de recibir información con respecto á data e hora na que podería ter lugar esta reunión, que podería desenvolverse na casa do concello ou na propia planta de Alcoa en San Cibrao -segundo os propios membros do comité estimen oportuno-.
A Alcaldesa,
María Loureiro García























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



