Foz, 27 de outubro de 2018. Os días 2, 3 e 4 de novembro terá lugar a XV Ruta 4×4 Montes da Mariña organizada polo Club Os Correcamiños. Na presentación deste evento participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
A ruta 4×4 Montes da Mariña é unha das citas máis importantes de toda España no mundo dos 4×4, con 500 vehículos participantes (150 motos, 150 quads e 200 coches) procedentes de lugares como Portugal, Madrid, Teruel, Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Ciudad Real, entre outros.
O programa de actividades comezará a desenvolverse o venres 2 de novembro cunha recepción e pinchos no pavillón do colexio Martínez Otero, de Foz. O sábado 3 haberá ruta polos montes da Mariña, que discorrerá polos concellos de Alfoz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Barreiros, Cervo e Foz. A comida será en Ferreira do Valadouro e despois de volver á vila focense os participantes cearán no pavillón do colexio Martínez Otero. Os puntos onde o público poderá ver este espectáculo son: Especial Ovos de Dinosaurio, na estrada da Ermida a Oirán, por onde pasarán sobre as 10:00 horas; e Especial Brea, en Nois, por arriba da capela das Flores, por onde pasarán sobre as 16:00 horas. E as actividades rematarán o domingo 4 cun circuíto de velocidade e trial na antiga fábrica de Pardiñas a partir das 10:00 horas.

























O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
