BURELA (FNC) .- A tenente de alcalde e voceira do BNG no Concello, Neves Cando, asegura que o Plan de Ordenación do Litoral machaca urbanisticamente a Burela e anuncia a presentación de alegacións.
A edil nacionalista explica que “das aproximadamente 800 hectáreas que ten o noso concello, este Plan de Ordenación do Litoral afecta en Burela a 732 das que 413 hectáreas se sitúan por riba da franxa dos 500 metros. É dicir agora a Xunta do PP incrementa de por vida esta afectación moi por riba dos 500 metros estipulados polo goberno anterior que eran de carácter provisional ata a aprobación dos plans xerais dos Concellos”.
Neves Cando sinala que “Burela, un concello cunhas peculiaridades moi específicas porque se ve afectada por FEVE, por Costas, pola variante e polo futuro corredor da costa, vese agora hipotecada definitivamente para o seu desenvolvemento urbanístico. Un total de 112 hectáreas, é dicir máis dun millón de metros cadrados van ter prohibidas todo tipo de construción residenciais. Resulta afectada toda a zona da Marosa onde se prohiben tamén instalacións deportivas pechadas, co cal todos os terreos comprados alí polo Concello non poderán ser utilizados para un futuro complexo deportivo. E tamén están incluídos aquí os terreos de Foxo nos que non se poderá construír vivenda protexida, como sí pretendía o plan sectorial do anterior goberno galego”.
Á tenente de alcalde resúltalle curioso “nestas zonas a Xunta do PP si permitirá construír hoteis para talasoterapia ou spas. E preguntámonos porqué isto si e as instalacións deportivas non, que intereses hai aquí, pero aínda máis porque a zona industrial dereita do Perdouro vindo desde Foz queda afectada como zona de mellora ambiental e paisaxística, e sen embargo na esquerda non. Aquí prodúcese unha grande discrecionalidade que vai impedir o crecemento dunha marxe e da outra non”.
Cando subliña que “este plan tamén vai prohibir usos residenciais en solo que no noso planeamento actual teñen a consideración de urbanizables. De máis de 350.000 metros cadrados de solo urbanizable que tiñamos clasificado 320.000 estaban na franxa dos tan criticados 500 metros de costa, pero agora outros 28.000 metros cadrados máis se aumentan por riba desa franxa. O Plan de Ordenación do Litoral para Burela establece usos de solos sen atender a criterios regrados, sen mostrar ningún coñecemento da realidade xeográfica do noso concello. Parece que se planifica aquí urbanísticamente igual que na Costa do Sol, preséntanse solucións distintas para realidades que son iguais, propóñense excepcionalidades noutros concellos e aquí non, a pesares das nosas peculiaridades territoriais e creando unha inseguridade xurídica tanto a nivel de propietarios como de Concello”.
A voceira do BNG no Concello e tenente de alcalde considera que “o PP tenlles que explicar aos veciños e veciñas de Burela todo isto e empezar por recoñecer as súas mentiras na campaña electoral e as posteriores á presentación deste plan, pois está a prohibir construír por riba dos 500 metros facendo definitivo algo que antes era provisional. Zonas actuais de Burela de expansión urbanística como son A Marosa, Vilar, A Casilla, Foxo, O Cantiño ou o mesmo Perdouro quedan con este Plan do Litoral do PP hipotecadas urbanísticamente de maneira definitiva e ante isto non imos quedar calados e imos alegar contra este plan que machaca urbanísticamente a Burela”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



