Foz 1-11-18. A sala de exposicións do CENIMA de Foz acolle entre o 7 e 9 de novembro a IV edición da Festa da Palabra, un espazo para a poesía e a musica que a asociación cultural A Pomba do Arco recuperou fai catro anos após as súas primeiras edición alá polo ano 1990. A presente edición deste evento cultural segue convocando a Foz algunhas das voces máis interesantes da poesía galega contemporánea, que en anos pasados trouxo á localidade autores tan recoñecidos como Manuel Rivas, Xavier Baixeras, Marica Campo, Miguel Sande ou Mirian Ferradáns.
A Festa da Palabra arrancará o mércores 7 de novembro ás 20:30 no CENIMA de Foz co espectáculo poético musical de Lois Pérez, no que presentará algúns dos textos do seu libro Long Play unha obra chantada na realidade onde retrata con poemas poderosos e estarrecedores a faciana máis ocultada vida que, por veces, non queremos ver. Ademais, faino cunha ollada limpa, honesta, comprometida, integrando outras manifestacións artísticas que entretece cos poemas, desde a música -fundamental para entender a esencia deste libro- ata unha banda deseñada “reconstruída” ou a aparición dun universo narrativo apócrifo, ou non, en tantas ocasións marcado polo humor e que pode ser gromo doutras cousas.
O xoves 8 de de novembro ás 20:30 no CENIMA de Foz acollerá unha lectura teatralizada do poemario de Manuel María Os soños da Gaiola a cargo do grupo de teatro da asociación cultural A Pomba do Arco. A lectura dunha obra clásica da poesía galega celebrase coincidindo co cincuenta aniversario da súa publicación no que pretende ser unha homenaxe da asociación ao autor da mesma, o poeta Manuel María, persoa moi ligada á vila de Foz e primeiro socio de honra d´A Pomba do Arco. A lectura dos textos poéticos de Manuel María irá acompañado dun espectáculo por un grupo teatral que xa levou ao escenario dúas obras de teatro e que anuncia un novo estreo para o 15 de decembro deste ano. A compañía esta formada por diversos socios da agrupación, sendo os responsábeis da montaxe e do espectáculo do Touporroutou no Antroido focego.
A Festa da Palabra fecharase o venres 9 de novembro ás 20:30 no CENIMA de Foz coa poesía de Olga Novo e Ismael Ramos, dúas das voces máis recoñecidas da poesía galega actual. A primeira, é unha das voces máis ricas da poesía galega contemporánea, significándose actualmente por unha obra de madurez que xa anunciaban aquelas poemarios iniciáticos publicados na segunda metade da década dos noventa. A poeta, autora ao tempo dunha importante obra como crítica, fará un repaso pola súa produción literaria recente, onde sinalaríamos un libro extraordinario Cráter, un autentico suceso literario na Galiza do momento onde fai un percorrido por unha realidade social en vías de extinción. O segundo, malia ter cumprido aínda os vinte e cinco anos é autor dun abondosa obra literaria publicada, entre a que sinalaremos Hábitat/Interferencias, A ferida, un diálogo en parceria con María do Cebreiro, Os fillos da fame e Lumes, recolléndose a súa poesía, ao tempo, en diversas obras colectivas ou antoloxías A súa obra mereceu nestes anos algúns dos galardóns máis significados na literatura galega Premio Fervenzas Literarias ao Autor do ano 2017, Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2017 por Lumes ou os premios de poesía Francisco Añón do Concello de Outes ou o Johan Carballeira do Concello de Bueu



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



