Ribadeo, 1 de novembro de 2018. Acisa organiza unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 2, 3 e 4 de novembro. Os vinte locais participantes nesta cita ofrecerán tapas, racións e menús especiais. Ademais haberá degustación de sidra, actuacións musicais e pasarrúas durante a fin de semana.
Nas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo participan os seguintes establecementos: O Tumbín, O Lar de Manolo, O Indiano, A Dorada, Galipizza, Prohibido, La Lira, Porta Norte, Cayo Coco, La Brisa, Rosalar, Náutico, Maloserá, Bar Galicia, El Rincón del Gordo, La Solana, La Cantina, Queimada, O Alén e Cienfuegos. Estes locais servirán tapas, racións e menús especiais con preparacións e produtos da cociña asturiana.
A directiva de Acisa anima “a asturianos e galegos a achegarse esta ponte festiva a Ribadeo a saborear todas as propostas que van atopar nos locais que se dan cita nestas xornadas gastronómicas. Queremos aproveitar a ocasión para agradecerlle ao sector hostaleiro asociado a súa participación. Esta é unha actividade que tradicionalmente funcionou ben e agardamos que nesta ocasión asistamos a unha das mellores edicións”.
No parque de San Francisco haberá degustación de sidra, a cargo de Sidrería Solleiro. Xunto ás propostas gastronómicas haberá tamén música. Mañá, 2 de novembro, ás 21:00 horas na praza José María López (zona vella) actuarán Ilustres Patilludos. O sábado 3 ao mediodía haberá pasarrúas a cargo de Os Paporrubios; e tamén o sábado ás 21:00 horas na Praza de Abastos terá lugar a actuación de L-R. Finalmente o domingo, día 4, ao mediodía, a xornada estará amenizada con pasarrúas a cargo do grupo Los Gascones.
Esta campaña enmárcase nas actividades de dinamización que organiza Acisa en cola
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



