A Mariña, 1 de novembro de 2018. Este sábado, 3 de novembro, celebrarase en Xove o sétimo sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o vindeiro día 10. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá celébrase o sorteo en Xove. Será no salón de actos do Centro Cívico ás 20:30 horas.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de compra en cada unha das oito asociacións de comerciantes da Mariña que forman parte da FCAM.
Os sábados dos sorteos durante todo o día e en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas na carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña realizarase o canxe dos tíckets polas papeletas que lle permitirán á clientela do comercio mariñá participar nos devanditos sorteos, que serán presenciais e na mesma carpa.Todos dan comezo ás oito e media da tarde.
O último dos sorteos desta campaña da FCAM será o 10 de novembro en O Vicedo.
En Viveiro, en Covas, en Burela, en Ribadeo, en Foz e en Lourenzá xa se sortearon en total 9.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Casco Histórico, a Beiras de Viveiro, á Asociación de Comerciantes de Burela, a Acisa Ribadeo, ao Centro Comercial Aberto de Foz e á Acial laurentina.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



