Mondoñedo, 1 de novembro de 2018.- O Concello de Mondoñedo inicia o vindeiro luns 5 de novembro as obras de impermeabilización e mellora da imaxe exterior do cemiterio municipal para as que dispón un orzamento de 130.414,26 euros. A rexedora local, Elena Candia, xa trasladou aos titulares dos nichos a data de inicio destas actuacións este mércores nunha reunión informativa.
A alcaldesa asegura que estas intervencións “de inmediata necesidade” pretenden “dar solución a un problema de humidades e filtracións da auga da choiva que afectan aos nichos”. Así, procederase a impermeabilizar un total de 400 nichos propiedade de preto de 150 titulares no cemiterio novo de Vilaverde. A rexedora puntualiza que “tamén se revisará o tellado do resto dos nichos para reparar o seu estado no caso de que sexa necesario”.
Candia engade que “esta intervención tamén ten como obxectivo a mellora da imaxe exterior do cemiterio toda vez que se atopa no Camiño Norte de Santiago”. De feito, a obra enmárcase no programa de axudas da Xunta dirixido a embelecer, conservar ou mellorar recursos turísticos ou do Camiño de Santiago.
Premios Galicia Parabéns
O Concello de Mondoñedo participa, a este respecto, nos Premios Galicia Parabéns, un recoñecemento institucional e social que se traduce en axudas económicas para conservar, mellorar e embelecer paisaxes e cidades.
Actuacións concretas
As actuacións comezarán coa limpeza da fachada, retirada de cerámicas, saneado de gretas e repicado de enfoscados nos muros. Tamén se intervirá no pechamento exterior a través do seu revestimento con cemento impermeable á auga da choiva; rehabilitaranse os tellados, colocaranse cazoletas e baixantes na cuberta axardinada e aplicarase pintura e revestimento de poliuretano no acabado exterior.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



