Burela, 2 de novembro de 2018.- O programa Galicia Rural Emprende posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, apoiará cinco novos proxectos empresariais na Mariña luguesa promovidos por autónomos e pequenas empresas en sectores non agrarios.
A nivel local, a iniciativa suporá unha achega autonómica de 280.000 euros, que servirán de respaldo para proxectos emprendedores nos concellos de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto, que suman un importe total de 539.500 euros.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nun encontro cun grupo de beneficiarios que participaron na actual convocatoria deste programa de axudas e que, coa súa experiencia práctica, exemplificaron a utilidade deste programa.
“O Goberno galego quere facer da nosa comunidade o mellor lugar para emprender, para impulsar unha nova empresa ou negocio. Entre as ferramentas que a Xunta emprega para este fin están as distintas liñas de axuda, como o programa do que se benefician os emprendedores que hoxe nos acompañan” – dixo Balseiro
Entre os proxectos emprendedores apoiados están a posta en marcha dunha academia en Mondoñedo, apartamentos turísticos en Ribadeo, un parque de aventuras e unha tenda de artigos de regalo en Viveiro e unha iniciativa de fontanería en Riotorto.
Diversos sectores
Entre as actividades industriais subvencionables, todas elas non agrarias, que teñen a consideración de prioritarias nesta liña de axudas ao emprendemento están as de sectores como a artesanía, prestación de servizos sociais (escolas infantís, coidado de persoas maiores), actividades deportivas, recreativas e de lecer, o téxtil, novas tecnoloxías, arquitectura, servizos técnicos, audiovisuais, ou servizos veterinarios, entre outros.
Balseiro explicou que a contía da axuda prevista neste programa vai dos 20.000 euros aos 70.000 euros. Os beneficiarios teñen dereito a obter un anticipo do 60% da axuda total que, no caso da convocatoria que nos ocupa, está previsto facer efectiva en novembro.
Con esta e outras iniciativas, o Goberno galego reafirma o seu compromiso de apoiar aos emprendedores e ás pequenas e medianas empresas, ofrecendo un amplo abano de recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito desta iniciativa e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese así a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral, xa que logo a ela poden acollerse todos os residentes en todos os concellos lucenses salvo a zona urbana da cidade de Lugo.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



