Viveiro 10-11-18. Do 12 ó 18 de Novembro o Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha unha nova campaña en defensa do comercio local.
Trátase da terceira parte da campaña que comezou no mes de marzo e que levaba por título “30 días 30 motivos”. A primeira parte consistiu en publicar unha serie de carteis nas redes sociais, destacando as ventaxas de mercar no pequeno comercio. Cada día publicabase un motivo distinto, así ata completar os 30 días, e no último cartel plantexábase a pregunta “¿qué pasaría se deixásemos morrer o comercio da vila?”
Na segunda parte da campaña ofrecemos a resposta a esa pregunta: peche de negocios, pérdida de emprego, rúas escuras, vacías e sen vida… o xoves 31 de maio os escaparates dos negocios asociados ó Centro Comercial amencian empapelados como se pechasen, simulando un pobo sen comercio, servizos, nin hostalaría. Unha acción que causou gran impacto visual e que pretendía amosar ó consumidor en que medida o comercio de Viveiro dalle vida ó mesmo, crea postos de traballo, colaboran cas festas do municipio e patrocinan actividades das distintas asociacións e clubes, manteñen as rúas iluminadas e cheas de vida, realizan sorteos, premios e gran cantidade de actividades ó longo do ano, e cada vez son máis competitivos. E sobre todo desvincularnos da idea de que mercar no comercio local é mais caro.. os negocios levan tempo adaptándose ás novas esixencias do mercado e ós actuais hábitos de compra dando un servizo profesional e adaptado a tódolos petos.
Na terceira parte desta campaña de concienciación sacaremos a pe rúa, literalmente, eses motivos plantexados na primeira parte, colocando ó longo de varias rúas do casco histórico 30 vinilos pegados no chan cada un cun motivo polo que mercar no comercio local. Medirán cada un 130×60 cm polo que será unha acción que causará de novo gran impacto visual, xa que os viandantes poderán ver a cada paso que den un motivo polo que mercar e apostar polo comercio local.. e sobre todo que poidan reflexionar sobre as consecuencias que pode conlevar deixar morrer o comercio da nosa vila.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



