Nota de Prensa
O GMPP di que o PSOE non está lexitimado para defender o Hospital.
Os populares afirman que Rego non fixo nunca nada nin por Burela nin pola comarca.
O PP asegura que o bipartito non deixou cartos para a ampliación, pero sí deixou elaborado o documento de integración de Burela na área sanitaria de Ferrol.
O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o PSOE, e moito menos o PSOE burelés, non está lexitimado para defender a sanidade pública porque nos catro anos de Xunta bipartita derivaron continuamente pacientes a centros hospitalarios privados de Lugo e de A Coruña, concertados por responsables políticos socialistas que logo exerceron de directores deses mesmos centros, hasta para operarse de cataratas, e porque o investimento do bipartito no Hospital de Burela foi tan escaso que só permitiu o funcionamento do centro. Tanto é así, que o TAC actual adquiriuse porque a PP deixara en marcha un programa de millora tecnóloxica dos hospitais galegos.
Os populares afirman tamén que a Xunta bipartita non deixou presuposto para desenvolver o plan funcional do hospital, e polo tanto tampouco deixou ningún documento elavorado ó respecto. Eso sí, preocupáronse de elaborar outro, en Outubro de 2008, no que Burela quedaba asignada á área sanitaria de Ferrol.
Polo tanto, segundo o PP, Ismael Rego, a quen non se lle coñece ningún logro para Burela nin para a comarca nos vintecinco anos que leva na política autonómica cobrando dos cartos de todos, non é quen para defender agora a sanidade pública. Unha persoa que nos catro anos anteriores nada dixo nin nada fixo, e mesmo votou en contra de actuacións importantes para Burela coma a Escola Náutica, só nos pode dar leccións de hipocresía e de como enganar á xente.
Ademais, queremos indicar que Rego foi e é unha hipoteca para Burela e para a comarca, porque se nunca fixo nada, agora fai menos, e por riba vén dar roldas de prensa a Burela porque non lle deixan falar no Parlamento. Eso sí, xa non as dá solo, porque xa lle acoplan a outros membros da executiva provincial socialista, que son os que realmente falan. Tan é así, que tén xa escaso poder de convocatoria, ou e que xa non lle fan moito caso nin os seus compañeiros de partido: logo de convocar a todo o PSOE da Mariña, só lle asisten tres concellos.
Tampouco o alcalde de Burela pode presumir de nada: a finais de 2007 e a finais de 2008 anunciou, nas dúas veces, que a Xunta bipartita iba presupostar sete millóns de euros para a ampliación do Hospital. Pero como ó alcalde xa o coñecemos, xa que é famoso polos seus incumplimentos e pola súa capacidade de traballo, pouco caso se lle fixo desde a Xunta bipartita: non presupostaron nada.
Por eso, desde o PP entendemos que estas persoas non son de fiar, porque nada fixeron polo Hospital e porque o seu comportamento actual non está avalado por ningunha actuación anterior fiable en defensa do centro sanitario. É máis, os socialistas no seu conxunto teñen resultado politicamente inútiles tanto para a sanidade en xeral coma para o hospital de Burela en particular. A cidadanía é plenamente consciente da súa inoperancia, e tamén é plenamente consciente de que a única ampliación do Hospital feita hasta agora así como o centro de saúde de Burela foron obra do Partido Popular. Pola contra, o PSOE nada debería decir, porque nunca nada fixo.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



