Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz... Ler máis
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seu... Ler máis
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada “Xolo”. Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa pro... Ler máis
O ciclo está organizado polo grupo Pico do Castro. Todos os venres deste mes haberá actuación na Casa da Cultura. A segunda, o 12 de setembro, con ‘Vaia Idiotas’ de Damecuerda Te... Ler máis
A súa implicación e compromiso foi vital para a supervivencia do proxecto laranxa e a súa continuidade é un dos piares sobre o que se apoia o futuro do club, que mantén firme a súa convicció... Ler máis
Un día moi especial, cheo de emocións e alegría no que se celebraron os progresos de todos os nenos e nenas da escola e, sobre todo, despediron con moito agarimo a aqueles que xa dan o gran... Ler máis
Está é a undécima edición. Poden participar todas as persoas que o desexen con fotos da costa de Xove. As bases están en www.xove.es. Ler máis
A ficha poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala da web www.xove.es e entregala cuberta no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello como instancia xeral e a... Ler máis
Así concluiu a campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que se veu desenvolvendo desde o pasado 14 de agosto, grazas ao premio á excelencia comercial, que a Dirección Xeral de Comercio... Ler máis
O evento, de acceso libre e gratuíto, ten como obxectivo achegar o concepto das comunidades enerxéticas e as súas vantaxes á cidadanía. A charla celebrarase o xoves, 4 de setembro, ás 20:00h... Ler máis
Será en beneficio da AECC o xoves 4 de setembro ás 20.30 h no Teatro de Ribadeo. Ler máis
A empresa mariñá líder en transportes e loxística a nivel internacional será clave para a supervivencia do club neste curso. Ler máis
Tamén tivo lugar a segunda xornada do Mercado de Rúa, no que se dan cita máis de vinte comercios locais, que ofrecen descontos especiais sacando os seus stocks ás rúas ribadenses. Esta cita... Ler máis
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un pr... Ler máis
O evento foi organizado polo Club Atletismo Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa. Ler máis
O pasado mércores, 20 de agosto, celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Un... Ler máis
Posteriormente, tivo lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, “o noso propósito radica no fo... Ler máis
Os actos contaron coa participación do director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra. O alcalde, Dani Vega, co... Ler máis
No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial, presentouse unha moción para que fose nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo, D. Francisco Piñeiro González, que tivo o voto favorab... Ler máis
Ducias de persoas gozaron das versións dos 70, dos 80 e dos 90 ofrecidas por este quinteto chegado de Boiro. E tamén iniciou a súa andaina a ruleta da sorte de Acisa. Moitos foron os afortun... Ler máis
Estiveron acompañadxs polo persoal voluntario e monitoras de Mañás Activas xunto coas dúas técnicas de xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de tr... Ler máis
O 112 Galicia recibiu unha chamada arredor das 12:20 horas deste mércores na que un particular informaba dun ferido na marxe do río Sor, preto do monte Insua. Atopábanse nun terreo ao que er... Ler máis
O programa desta edición arrincará ás 21:00 horas con Decrux B2B Bristradd nun chill house set; seguirá ás 22:00 horas con El Chocolay e Jorgito + Talent; ás 23:00 horas será a quenda de Cri... Ler máis
Estivo tamén aberto ao público en xeral dentro de Enredando no verán. Ler máis
O sábado 16 ás 10h unha ruta guiada gratuita a cargo de Rutas Galicia Norte, entre a Igrexa parroquial do Vicedo, praia de Xilloi e Mirador das Laxes, repasando toda a historia e xeoloxía da... Ler máis
Neste evento, Gómez salientou a importancia deste tipo de feiras para promocionar os produtos agroalimentarios de Galicia, así como para impulsar as producións locais de proximidade. Ademais... Ler máis
Disputárono R.C. Deportivo e Real Oviedo con vitoria galega por 2-1. Contou tamén coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Ler máis
Esta semana as crianzas sorprenderon cunhas fermosas manualidades mariñas. Traballaron con moita ilusión para crear estes snorkels tan orixinais, cheos de cor e detalles. A actividade non só... Ler máis
Ademais, con motivo da celebración das Festas de San Roque, o mercado correspondente ao xoves 14 de agosto adiántase ao mércores 13. Ler máis
O alcalde, Dani Vega, subliña que “o presidente Rueda é xa un habitual do verán ribadense. Aquí deu comezo ao seu merecido descanso destas datas”. Vega e Rueda mantiveron un encontro no Para... Ler máis

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



