En total máis de 100 persoas formaron parte da expedición –entre alumnado, docentes e familias- que desfrutaron dunha divertida xornada de convivencia na Granxa do Souto, en Mera. A comitiva... Ler máis
O conselleiro do mar participou na 45 edición desta ancestral tradición no Concello de Mondoñedo. Ler máis
A mostra está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do... Ler máis
Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a... Ler máis
Participaron arredor de 60 alumnos das escolas de música de Xove, Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Foz e Burela, cun excelente resultado. Interpretaron temas de música galega e da pedagoga Sheila N... Ler máis
No Coida Cervo deste luns desfrutaron dun divertido e didáctico taller de manualidades con material de refugallo. Tirouse un pouquiño de imaxinación e déuselle unha nova vida a moitos elemen... Ler máis
En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral b... Ler máis
Seguindo as tradicións desta Noite Máxica, comeron sardiñas e saltaron a súa particular fogueira. Desfrutaron moito dunha mañá diferente e divertida. Ler máis
Será o 2 de agosto na Rosa Lar. O día 9 do mesmo mes chegará o dúo Los Gandules coa súa proposte de música e humor. Ler máis
Luís López García, Lucho, capitán do conxunto masculino do Pescados Rubén Burela FS durante as dúas últimas tempadas, nado no Corgo (Lugo) en 1989, despídese do equipo laranxa tras 6 anos en... Ler máis
Este proceso só é necesario para aqueles estudantes que desexan trasladar o seu expediente ou compaxinar estudos desde outra universidade española, así como os estudantes procedentes da prob... Ler máis
Tivo lugar no local social da asoc. Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao, que se volveu encher para desfrutar doutra interesante e motivadora charla centrada na Enfermidade Menta... Ler máis
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia, que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. O prazo de inscrición está aberto. Ler máis
Tivo lugar o domingo 16 no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e que contou con 49 cans desta raza inscritos procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias, Andalucía, Castela... Ler máis
Este ano contou con once parellas participantes. O pasado sábado, 15 de xuño, tivo lugar no Local social a cea de entrega de premios ás tres primeiras parellas clasificadas. Os gañadores for... Ler máis
A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Marta Saiz, asistiu este venres ao acto de celebración do quinto aniversario da apertura da nova residencia de atención a persoas ma... Ler máis
A exposición será na sala “As Carboeiras” en Sargadelos e poderá visitarse tamén o mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00 h. Ler máis
O certame contou coa participación de 44 instantáneas cun grandísimo nivel; pero o xurado coincidiu en premiar a: Anxo Cao co primeiro premio pola súa foto Cea ao atardecer, con 58 puntos. G... Ler máis
Estes días as crianzas de último ano están a visitar os seus futuros coles. Este xoves tocou a quenda do CEIP Península da Paz. Alí desfrutaron no cole dos maiores, coñecendo aos/ás profes,... Ler máis
Paradas obligadas foron os miradores do Duque e de Souto Chao para poder contemplar a Ribeira Sacra. Entretanto, os alumnos visitaron a bodega Alguiera guiados polo propietario. Pola tarde v... Ler máis
Supervisará as instalacións do Campionato do Mundo Elite Absoluto de Pentatlón Moderno que se celebra en Zhengzhou desde o día nove ao dezaseis. Ler máis
Celebrouse no Pavillón da Veiga. Participaron o Club Deportivo San Ciprián, o EDM Cervo, o Aldebarán Ortigueira, o Xabarín Volei Lugo, o Aldebarán San Sadurniño e o Narón Volea, nas categorí... Ler máis
Ocupa 9.000 m2, dispón de área de autocaravanas, skatepark, zonas de ocio e merendeiro. Ler máis
Xuntáronse 51 persoas de catro xeracións, desde pais, fillos, netos e bisnietos da familia, todos eles con raíces na Pontenova e que actualmente se estenden pola xeografía de Galicia e Astur... Ler máis
Poderá visitarse ata o 17 de xullo. Ler máis
Contou coa participación de 44 instantáneas e cun gran nivel que llo puxo certamente difícil ao xurado. Como vén sendo habitual o fallo dase a coñecer cada 5 de xuño, coincidindo co Día Mund... Ler máis
Será unha tarde/noite chea de diversión e sorpresas na que contarase coa actuación de Kedirán, que se achegarán dende Compostela coa súa música, e na que tampouco faltará tempo para degustar... Ler máis
Amigo quixo agradecer a confianza recibida e dixo que presidir esta comisión é para ela unha motivación especial polo feito de ser concelleira en Cervantes, un municipio da montaña lucense,... Ler máis

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



