O Vicedo, 3 de decembro de 2019.- O obradoiro de emprego Terras do Sor III botou a andar con 20 alumnos traballadores dos concellos do Vicedo, Ourol e Muras, que recibirán formación e empre... Ler máis
Muras, 3 de decembro, 2019. A voceira do PP en Muras, Eugenia Requeijo, adianta que a Xunta de Galicia acometerá a mellora da cuberta do Ceip Antía Cal o vindeiro verán. Este foi un dos asun... Ler máis
Tras gañar na prestixiosa Feira de Goente o pasado mes de outubro, a viveirense Loli Lage continúa acaparando galardóns que premian a calidade da marca «Mel O Castelo». A pasada fin de seman... Ler máis
Lugo, 11 de novembro de 2019. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentaron... Ler máis
Muras, 22 de setembro.- Muras celebrou esta fin de semana a 32 edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, que reuniu uns 450 animais. A maior actividade xirou arredor da compra e venda... Ler máis
Nesta 32ª edición, estrea o galardón de Feira de interese turístico galego. Toda a programación podes atopala aquí. https://muras.gal/programacion-feira-do-poldro-2019/ Ler máis
Lugo, 6 de setembro de 2019. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación aprobou este venres dúas solicitudes, unha do Concello de Viveiro e ou... Ler máis
Lugo, 6 de setembro de 2019. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación aprobou este venres dúas solicitudes, unha do Concello de Viveiro e ou... Ler máis


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



