Ribadeo, 22 de novembro de 2022. Nos vindeiros días abrirán as súas portas en Ribadeo unha discoteca e unha firma de comida rápida, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez... Ler máis
Ribadeo, 22 de novembro de 2022. A oitava edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo inclúe seis concertos no auditorio municipal Hernán Naval, un taller de canto, unha exposición e acti... Ler máis
Foron Miguel Sanz, Daniel Otero, Sergio Vázquez, Bárbara Carrasco e Adrián Rodríguez. Fixérono coa idade mínima requerida. O exame tivo lugar en Oviedo o pasado sábado 19 de novembro. Ler máis
Ribadeo, 22 de novembro, 2022. Ante a resolución de 15 de novembro de 2022 do IGN acerca da denominación da ría de Ribadeo, que resolve considerar oficiais ao mesmo rango os nomes “ría de Ri... Ler máis
Ribadeo, a 21 de novembro de 2022. Continuando coas actividades previstas pola Concellería de Igualdade con motivo da celebración o próximo día 25 de novembro do Día Internacional da elimina... Ler máis
Ribadeo, 21 de novembro de 2022. Cunha cea con representantes de empresas da comarca remataron as I Xornadas de Internacionalización da FP, que organizou Apaga e que se celebraron en Ribadeo... Ler máis
O novo centro de saúde é unha cuestión moi demandada polos veciños do municipio Ribadeo, 21 de novembro de 2022. O Partido Popular de Ribadeo urxe ao goberno do BNG que resolva rapidamente o... Ler máis
Ribadeo, 20 de novembro de 2022. Este luns, 21 de novembro, estará en Ribadeo Xerardo Rodríguez, coordinador de programas da Asociación Agalure (A Coruña) para charlar sobre o Uso, abuso e a... Ler máis
Ribadeo, 20 de novembro de 2022. A clarinetista Victoria López Veiga debutou no concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que estreou catro obras. Foi na tarde noite d... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. Ata mañá, 20 de novembro, celébranse en Ribadeo as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional, que organiza a Asociación de Profesor... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicati... Ler máis
Ribadeo, 19 de novembro de 2022. O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús acaba de ser recoñecido como Centro Referente en Dereitos da Infancia e da Cidadanía Global. Na súa resolución U... Ler máis
Ribadeo 18 de novembro de 2022. Esta mañá, dentro da programación O Concello cos Coles, o alumnado de primeiro de Básica e do CIFP Porta da Auga e o de 3º e 4º de ESO do colexio Sagrado Cora... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. O Concello recorrerá a Resolución do Instituto Geográfico Nacional que pretende equiparar o topónimo de Ría del Eo co de Ría de Ribadeo. O alcalde, Fernando... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. No salón de plenos do Concello tivo lugar a sinatura dos convenios das subvencións nominativas na Área de Cultura. 24 colectivos reciben 41.000 euros. No act... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. Acisa pide responsabilidades polo corte de luz que se produciu este mediodía en Ribadeo. A patronal ribadense agarda que Viesgo e Begasa lles expliquen aos e... Ler máis
O camión estará no parque de San Francisco os días 18, 21 e 22 de novembro e as persoas interesadas poden apuntarse no teléfono 622 74 82 83 ou no 623546992 Ribadeo, 18 de novembro de 2022.... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional conce... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. Un total de 21 establecementos asociados a Acisa participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 19 de decembro baixo o lema Somos lo que damos, somos am... Ler máis
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, Elena Sierra, destaca que “Ribadeo es un pueblo turístico”. Nesta ocasión, sinala que “uno de los lugares más hermo... Ler máis
Ribadeo, 17 de novembro, 2022. Esta tarde, o 112 Galicia rexistrou un incendio nun piso dun edificio de seis andares situado na avenida de Asturias, en Ribadeo. O falso teito dunha das salas... Ler máis
A consultoría dixital ribadense é axente digitalizador adherido ao Kit Dixital e busca, a través desta subvención, axudar aos negocios da zona para dixitalizarse Ribadeo, 17 de novembro, 202... Ler máis
Ribadeo, 17 de novembro de 2022. A Área de Deportes do Concello de Ribadeo asinou convenios de colaboración das subvencións nominativas deste 2022 con 10 entidades deportivas. O montante asc... Ler máis
Ribadeo, 17 de novembro de 2022. Do 17 ao 29 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que organiza o Concello de Ribadeo. O c... Ler máis
Ribadeo, 17 de novembro de 2022. O Pazo de Ibáñez acolleu a presentación do VIII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que se desenvolverá do 25 de novembro ao 11 de decembro. A concellei... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro, 2022. Na sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que a asociación de Veciños «Por Nuestro Faro» lle ten dirixido ao alcalde, con datas como 2... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro de 2022. As primeiras Xornadas de Exaltación da Lura terán lugar en Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Están organizadas por Acisa e contan co financiamento da Área de... Ler máis
Ribadeo, 16 de novembro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a inadmisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do recurso de casación prese... Ler máis
Ribadeo, 15 de novembro de 2022. A Concellaría de Igualdade está a desenvolver a campaña Ribadeo contra a violencia machista: antes, agora e sempre. E programou diversas actividades que se d... Ler máis

















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



