Ribadeo, 18 de novembro de 2022. Acisa pide responsabilidades polo corte de luz que se produciu este mediodía en Ribadeo. A patronal ribadense agarda que Viesgo e Begasa lles expliquen aos empresarios e á veciñanza que está a pasar co subministro eléctrico neste concello.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “non ten explicación que se produza un corte de luz de tres minutos, ás 13:37 horas deste mediodía, hora punta para a hostalería, que está co seu servizo de comidas. Si ese corte estivese previsto estaría moi ben que a empresa responsable avisase á veciñanza e ao empresariado ribadense para estar previdos. Iso sería o normal. Calquera outra cousa non a entendemos”.
O xerente, Jesús Pérez, sinalou que “non se pode permitir o que está a pasar en Ribadeo coa luz. De cando en vez temos que sufrir estas incidencias no subministro eléctrico, que ocasionan moitas veces danos importantes en cociñas, frigoríficos, ordenadores, rexistradoras, etc… hoxe non nos valen as disculpas de temporais, chuvias, tormentas, vento… porque disto hoxe, en concreto, nada de nada”.
Cruzado Iglesias dixo que “o único que conseguimos con todo isto é ofrecer unha mala imaxe de Ribadeo. En nome de Acisa e dos máis de 160 negocios asociados esiximos a Viesgo e a Begasa unha explicación e que se fagan cargo dos danos causados con estes cortes de luz, que estamos a sufrir unha vez máis en Ribadeo”.
Pérez Prada engadiu que “canto máis se encarece o recibo, peor subministro recibimos. E iso non pode ser. En Acisa non estamos dispostos a calar. E cada vez que se produza un corte no subministro eléctrico denunciarémolo publicamente e faremos chegar as nosas queixas ás empresas responsables”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



