Ata hai poucos anos ninguén se imaxinaba que en Galiza fose faltar auga. Mentres as zonas do sur teñen pasado por períodos de restrición, os galegos sempre nos gabábamos de que nas verdes te... Ler máis
Octavio Beares é autor do libro 'A historia do cómic en Galicia', publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademáis é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic. Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.
Estes elementos foron instalados nunha lonxitude de 92 metros da estrada, na súa marxe dereita, en dirección á praia de Abrela. A instalación realizouse coa fin de garantir a seguridade viaria nesta zona.
Será con dous pases, este domingo 11 de xuño, no centro sociocultural de San Cosme, ás 18:30 e ás 20:30h. Desta volta haberá que mercar as entradas que terán un prezo de 2,50€. Estarán a venda unha hora antes de cada función
Os alumnos da UNED Senior da asignatura "Aproximación a la historia del arte medieval", acompañados pola profesora, Asunción Juiz, realizaron unha viaxe a Oviedo para visitar o Palacio de Santa María del Naranco, a Igrexia de San Miguel de Lillo, a Catedral de Oviedo e o Museo de Bellas Artes.
Primeiro Premio: Fernando Fra Rico, San Ciprián (Cervo), coa fotografía titulada "O Camiño das Estrelas" (55 puntos). Segundo Premio: María Fernández Cabaleiro, Xixón (Asturias) , coa fotografía titulada "Triste Legado" (54 puntos). Premio Top Cervo: Fernando Fra Rico, San Cibrao (Cervo), coa fotografía titulada "O Camiño dás Estrelas" (55 puntos), ao ser a fotografía do Concello de Cervo con maior puntuación. En total, foron 41 as instantáneas que participaron neste concurso convocado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
O Concello de Ribadeo sumouse á convocatoria realizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. As súas representantes deron lectura a un comunicado. Tamén desplegaron unha pancarta na que se podía ler: "Defendamos a igualdade. Fronte á violencia machista, loita feminista".
Saiuse á praia co alumnado do CEIP Península da Paz, e realizouse unha limpeza da Caosa, unha iniciativa de concienciación sobre a importancia de manter os nosos espazos naturais libres de refugallos, tal e como sinalou a edil de Medio Ambiente en funcións, Mali Méndez, que coordinou a actividade didáctica.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital