XOVE / FOZ (MFO).- O Xove perdeu o seu segundo partido consecutivo, esta vez ante o Recimil por 59 a 83 puntos. O equipo dirixido por Armando Otero acusou as baixas e non puido plantar cara... Ler máis
BURELA .- Nas dúas próximas fins de semana, entre o 18 e o 25 de outubro, o equipo júnior femenino C.B. Burela – Celtas ten a oportunidade de clasificarse para disputar a liga galega da FGB.... Ler máis
FOZ / XOVE (MFO) .- Os dous representantes mariñáns da liga primeira nacional de baloncesto tiveron distinta sorte nos seus enfrontamentos, ambos contra equipos de Compostela. Os de Foz perd... Ler máis
BURELA .- O xogador do Club de Baloncesto Burela, Álvaro Ferreira, foi convocado para a concentración das preseleccións galegas de minibasket. As preseleccións galegas feminina e masculina, ... Ler máis
FOZ (MFO).- A segunda xornada da liga Primeira Nacional acolleu o derbi entre os dous representantes da Mariña. Os xovenses que partían como favoritos lograron a vitoria pero con máis dificu... Ler máis
FOZ/XOVE (M.F.O.) .- Os dous conxuntos mariñáns non puideron gañar os seus compromisos na primeira xornada de liga Primeira Nacional, o Celtas-Primera Calidad co Arzúa e o Xove ante o Noia.... Ler máis
BURELA .- O xogador alevín do club de baloncesto Burela, Álvaro Ferreira Martín, foi convocado pola Federación Galega de Baloncesto para asistir á concentración da preselección alevín mascul... Ler máis
BURELA .- Remata a tempada para o clube baloncesto Burela cos partidos de categorías inferiores e o partido do equipo júnior co ED. Lourenzá. A modo de balance, podemos salientar que o clube... Ler máis
XOVE (M.F.O).- O club de baloncesto Centro Óptico Xove, noveno na táboa, perdeu en Narón por 81 a 54 contra o segundo clasificado. A boa rotación do banquillo do Narón imprimiu unha gran vel... Ler máis
XOVE (M.F.O.) .- O Centro Óptico Xove perdeu diante do seu público por 51 puntos a 59 ante o segundo clasificado, nun encontro no que foi a remolque no marcador dende o inicio. Armando Otero... Ler máis
XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove, con unha reducida plantilla de seis xogadores, gañou en Vilagarcía ante un rival directo por 50 puntos a 66. Para este encontro Armando Otero non puido co... Ler máis
XOVE .- (M.F.O) O C. B. Xove saldou con vitoria a visita do Universidade de Vigo por 85 puntos a 78. Rompeu así coa mala racha de tres derrotas consecutivas para manterse na décima posición... Ler máis
XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove perdeu por terceira vez consecutiva, esta vez en Porriño contra o Canteiras, por 66 puntos a 56.Tras esta racha os xovenses caen ata a décima posición con... Ler máis
XOVE .- (M.F.) O Centro Óptico Xove de baloncesto perdeu en Allariz por dous puntos, 81 a 79, nun partido que tivo que afrontar con so sete xogadores polas las baixas de Pony, Paco e Migue... Ler máis
XOVE .- Un punto separou da vitoria ao Centro Óptico Xove no partido de baloncesto que disputou na casa, o sábado, ante o C.B. Tui, cuarto da táboa. Os de Tui xa eran claros favoritos antes... Ler máis
XOVE .- O Centro Óptico Xove gañou en Padron ante o colista por 44 a 90 recuperándose así das dúas derrotas anteriores. Con esta vitoria os de Xove collen forza para enfrontarse nos próximos... Ler máis
XOVE .- O Club de Baloncesto Centro Óptico Xove volveu a perder como visitante esta vez contra Cruz Alta de Ourense por 68 a 58 puntos. Os ourensáns, que so levaban dúas vitorias en toda a l... Ler máis
XOVE .- Oito puntos separaron da vitoria ao Xove de baloncesto no encontro disputado o sábado contra o Mos Noriberica, líder da liga FGB sénior masculina. Este foi o segundo partido que o... Ler máis
XOVE .- O C.B. Centro Óptico de Xove impúxose ao C.B.C. Pontevedra por 56 a 44 no encontro disputado en Xove a pasada fin de semana, logrou a cuarta victoria consecutiva e volveu a gañar na... Ler máis
XOVE .- O equipo de baloncesto Centro Optico de Xove rematou a primeira volta da liga autonómica con unha vitoria sobre o Gayolo Ford de Betanzos ó que se impuxo por 63-58. Tras esta vitoria... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



