Este concello é un xemplo de que a alternativa ao PP son os gobernos do BNG, capaces de transformar en positivo e mellorar a vida da xente, alega Santiago de Compostela, 14 de maio 2023. A p... Ler máis
Barreiros, 26 de abril, 2023. 19 asociacións barreirenses adheríronse á iniciativa de promover un debate público e democrático entre as 3 formacións políticas que presentan candidatura ás el... Ler máis
Carlos Fernandez Fraga, médico xubilado, pecha a candidatura encabezada por Ana Ermida. O ascenso de Suso Díaz ao sexto posto, marca a aposta do BNG por incluír perfís con experiencia para a... Ler máis
Augura un resultado histórico nas próximas eleccións municipais, convencida de que o Bloque será a forza política que máis suba o 28M Santiago de Compostela, 3 de febreiro do 2023. A portavo... Ler máis
Barreiros, 2 de febreiro 2023. A actual alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, volverá a encabezar a lista do Bloque Nacionalista Galego no municipio. A formación nacionalista así o decidiu por... Ler máis

















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



