Nota de prensa de MariñaPatrimonio Malia a existencia dunha resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que obriga a Promociones San Ciprián a tapar os restos das estruturas das edificacións... Ler máis
Nota de Prensa O PLENO DE CERVO APROBA A INICIATIVA NACIONALISTA PARA AMPLIAR AS ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DO CASTRO DA ATALAIA A TERREOS PÚBLICOS A INICIATIVA TAMÉN BUSCA O ACORDO ENTRE A X... Ler máis
CERVO .- MariñaPatrimonio asegura que o concello de Cervo e o construtor non cumpren coas súas obrigas e informou ao servizo de patrimonio cultural sobre a caída dun muro nunha das vivendas... Ler máis
SAN CIBRAO .- A Asociación MariñaPatrimonio comunicou á dirección xeral de Patrimonio a deterioración que se está a producir no xacemento arqueolóxico do castro da Atalaia en San Cibrao, e d... Ler máis
Nota de Prensa CERVO NOVOS INFORMES ARQUEOLÓXICOS AVALAN A NECESIDADE DE CONSERVAR E RECUPERAR O CASTRO DA ATALAIA Informes arqueolóxicos do Castro da Atalaia poñen de relevo a importancia d... Ler máis
Nota de Prensa O PP pedía no 2008 a compra dos solares afectados polo castro da Atalaia O BNG preguntará ao goberno local si mantén a mesma posición sobre o Castro da Atalaia que fai un ano... Ler máis
SAN CIBRAO .- A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística solicita información ao Concello de Cervo sobre as obras que se realizan no castro da Atalaia. Esta solicitude xorde como cons... Ler máis
















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



