COMUNICADO DE PRENSA DO OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE SOBRE O ERE DA CERÁMICA DE SARGADELOS O Observatorio da Mariña pola Igualdade denunciou xa o ano pasado o impacto específico que... Ler máis
A cita está organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con CECAP. A xornada dará comezo ás 10 da mañá nas instalacións da academia, en Burela. Haberá unha exposición por parte da Consellería sobre as novas convocatorias do programa AFD, unha mesa redonda con participación de empresas e entidades de formación; e un espazo de café-networking para intercambio de impresións e xeración de contactos.
Serán o 16 e o 19 de xuño no Pavillón da Veiga para rapaces e rapazas de 9 a 17 anos. Haberá dúas quendas: ás 18:00 h ou ás 20:00 h. Máis info no teléfono: 637774484.
A cita terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas e contará cunha entrada simbólica de 1 euro, que poderá adquirirse no propio recinto. Neste festival participarán os nenos e nenas a partir dos 3 anos que formaron parte desas actividades durante o curso.
Tiña 68 anos. Este mércores ao mediodía, a Corporación Municipal xunto con membros da Corporación do Concello do Valadouro e compañeiros de partido, traballadores do Concello e veciñas e veciños realizaron un acto na memoria do tamén Primeiro Tenente de Alcaldesa do Concello de Alfoz. Efigenia Maseda pronunciou unhas palabras e gardouse un minuto de silencio. O acto rematou con aplausos en recordo de Jorge Val
O Concello de Xove, coa colaboración do IES Illa de Sarón, organizou esta proxección sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio nos anos setenta. Tivo lugar este luns 10 de xaneiro no Salón de Actos. Ademais do alumnado e profesorado do IES de Xove, tamén asistiu público interesado neste episodio.
Fíxoo cunha exhibición de ximansia rítmica e de patinaxe artística que tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo e que contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do edil de Deportes, David Rodríguez, que fixeron entrega dos diplomas e dun detalle a cada unhas das crianzas que asistiron neste curso ás escolas que tamen contaron con outras disciplinas como voleibol, multideporte ou balonmán.
Será ás 20 horas. Ricardo Aller de Dios é un artista visual cuxa obra se desenvolve entre a fluidez da acuarela e a solidez da cerámica. A súa práctica explora a relación entre o efémero e o permanente, a cor como ferramenta emocional e a conexión entre os elementos naturais e a forma humana. A través da acuarela, investiga a transparencia, a mancha e o azar como linguaxes expresivas, mentres que na cerámica atopa un espazo de construción pausada, táctil e meditativa, en diálogo coa terra e o lume. A exposición poderá visitarse ata o 14 de Xullo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital