Foz, 28 de xullo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere facer unha petición de responsabilidade “a veciñas e veciños e a todos os que nos visitan nestas datas. Debemos traballar entre... Ler máis
Foz, 19 de xullo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, apela á responsabilidade individual ante a suba de casos positivos en COVID-19 que está a sufrir Foz e toda a Mariña e anuncia que “p... Ler máis
Foz, 9 de marzo de 2021. O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Foz está recibindo a vacina contra o Covid este martes e mércores. A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, expli... Ler máis
Foz, 5 de marzo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto ao concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García, mantiveron unha reunión de traballo coa subdelegada do Goberno en Lug... Ler máis
Foz, 27 de febreiro de 2021. O Concello de Foz instalou, a petición do persoal de enfermería do Centro de Saúde, unha carpa na entrada das instalacións para as probas serolóxicas e as PCR do... Ler máis
Foz, 26 de febreiro de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclara que os traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) neste concello non recibiron as vacinas contra o Covid-19 porque o... Ler máis
Foz, 5 de novembro de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, interrompeu a súa semana de descanso e retomou a actividade no municipio tras o anuncio na data de onte do presidente da Xunta de... Ler máis















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



