A Escola Municipal de Música está a rematar o Curso 2009/2010 cunha serie de actividades que comezaron cun concerto de música diante de tódolos alumnos e profesores do colexio. No concerto p... Ler máis
A Escola Municipal de Música está a rematar o Curso 2009/2010 cunha serie de actividades que comezaron cun concerto de música diante de tódolos alumnos e profesores do colexio. No concerto p... Ler máis
O césped vello desta pista estaba moi desgastado debido ao seu uso intensivo. Foi a empresa Instalacións Bahía Park S.L. a encargada de realizar o traballo, contando cun investimento de 20.000€ aportados íntegramente polo Concello
Será este mércores 10 de agosto a partir das 10h. A actividade iniciase no porto do Vicedo, para cruzar a ría en dirección a O Barqueiro, pasando despois por debaixo das pontes sobre o Sor, a illa de S. Martiño e rematando nas Ribeiras do Sor. O prezo é de 17€/persoa e, ademais de todo o equipamento necesario, inclúe o transporte de regreso ao porto do Vicedo. Inscricións no 982 59 01 95 e en omix@concellodovicedo.org. E o xoves 11, a partir das 22h outra actividade se recupera este verán: o Karaoke de Verán. Estará instalado na terraza da Casa da Cultura e está destinado a todas as idades.
O Festival folclórico internacional do Emigrante foi un exitazo. O polideportivo en San Miguel (en lugar do habitual Campo de fútbol do Iberia C.f), repleto de público cunhas setecentas persoas desfrutaron do espectáculo que durou algo máis de dúas horas, e onde tanto o grupo georgiano coma o mexicano e os locais de O Arco da Vella, puxeron enriba do escenario o seu bo facer.
Trátase dunha mestura de real game e rol en vivo, no cal os xogadores interpretan un papel, investigan e resolven enigmas. Así o explica a empresa organizadora, World Real Games, que promove este tipo de eventos por toda España desde hai nove anos e esta é a primeira vez que o fai en Galicia.
Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá (de 9:00 a 14:30 horas), fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal). Trátasde dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado a historia de San Cibrao. En palabras da autora: "Con Luz da Balea pretendo rescatar a presencia das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación"
No comezo da XXXVI Feira do Bonito celebrouse a recepción por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e concelleiros de goberno, do rexedor de Tarifa, Francisco Ruíz Giráldez, que se desprazou á localidade acompañado da edil de Turismo, Lucía Trujillo. Visitaron as distintas zonas habilitadas para a feira, facendo unha parada no Barco Museo “Reina del Carmen”, onde puxeron en común a importancia do sector pesqueiro e as xentes do mar no desenvolvemento de ámbolos dous municipios, unha vinculación norte-sur que pretenderá extenderse a outros proxectos no futuro.
O acto estivo organizado pola AECC de Ribadeo e contou coa presenza do coautor, Pepe Peinó, e tamén co doutor José Ignacio Vidal Pardo (Xefe de Endocrinoloxía do HULA de Lugo), con Sandra Amieiro (irmá da autora do libro, que tamén padeceu un cancro de mama) e coas voces de Toño e Eli, que interpretaron catro fermosas cancións. A autora, Raquel Amieiro, non puido asistir, ao atoparse ingresada nun hospital de Coruña por problemas derivados do cancro. A pequena sala da antiga oficina de turismo estaba ateigada de xente e o acto, unha vez máis, resultou moi emotivo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital