- A charanga Bicoia, chegada de terras ourensáns, encheu de ritmo as rúas da vila nun novo Domingueo en Ribadeo, organizado por Acisa dentro do programa 'O noso comercio é vida, vive Ribadeo', que se desenvolve ata o 31 de agosto
Tamén tivo lugar a segunda xornada do Mercado de Rúa, no que se dan cita máis de vinte comercios locais, que ofrecen descontos especiais sacando os seus stocks ás rúas ribadenses. Esta cita volverá os días 30 e 31 de agosto. Este luns, arranca a grande semana multiaventura de Acisa con rocódromo, inchables, festa da escuma e un deslizador de máis de 100 metros de longo. Toda a información está na web www.acisaribadeo.es e nas redes sociais do colectivo empresarial ribadense
- O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de
7.000 euros, ao que se suma a publicación da obra.
- Éxito de participación na VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrou esta fin de semana con arredor de 600 atletas participantes nas diferentes categorías desta proba, que concluíu a carón do Pazo de Ibáñez, onde tivo lugar a entrega de trofeos aos gañadores
O evento foi organizado polo Club Atletismo Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa.
- Extinguido o incendio forestal da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro
Ás 19.57 horas deste mércores deuse por extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que finalmente afectou unha superficie de 142,5 hectáreas, das cales 50 corresponden a arborado e 92,5 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 82 axentes, 107 brigadas, 111 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
- Entrega de premios da 8ª edición do Concurso de fotografía turística do Vicedo
Este mércores celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Uns 25 participantes presentaron máis de 60 fotografías de todo tipo destacando pola súa grande calidade mostrando estampas tanto da costa como do interior do noso municipio. O coloquio-proxección foi moi animado e os propios fotógrafos participantes puideron expresar as súas intencións e anécdotas en torno ás fotografías presentadas. Os premiados foron: 1º premio (300€) Mónica Vila con "San Román". 2º premio (200 €) Alejandro Martínez con "Maravillas del Amanecer". 3º premio (100 €) Sarai Fernández con "O faro de Vicedo Vello". Premio especial a menores de 30 anos (50 €) Laura García con "O Vicedo. Silencio que acolle"
- A exposición "Encontros de Xolo coa Arte" chega á Casa da Cultura de San Cibrao
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
- A Asociación gastronómica Os Cacholeiros do Valadouro, celebrou a súa XXXIV Asamblea Xeral Ordinaria este sábado 16 de agosto no Restaurante Asturias en Ferreira
Posteriormente, tivo lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, "o noso propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da bisbarra entre os nosos asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos; así mesmo levar o bo nome do Valadouro por tódolos lugares polos que imos, como vimos facendo dende a nosa fundación, aló polo ano 1992".