Nota de Prensa José Manuel Balseiro salientou no Pleno do Parlamento que socialistas e nacionalistas cometeron “a insolencia” de presentar unhas emendas á modificación da lei “que se caracte... Ler máis
Nota de Prensa José Manuel Balseiro salientou no Pleno do Parlamento que socialistas e nacionalistas cometeron “a insolencia” de presentar unhas emendas á modificación da lei “que se caracte... Ler máis
Haberá 3 categorías: feminina, masculina e mixta. Repartiranse 1500€ en premios.
Normalmente, o mercado celébrase na praza Maior, pero ao coincidir este mes coas festas trasládase aos xardíns Noriega Varela para poder celebrarse con normalidade.
Durante o obradoiro, realizado en colaboración coa Consellería do Mar, mergulláronse na historia das personaxes protagonistas e aprenderon a identificar diversidade de peixes e mariscos, as súas características, as formas de captura e como con pequenos xestos poden contribuir a coidar o medio mariño e á súa sustentabilidade. Ademais, aprenderon a importancia de consumir produtos do mar para manter unha dieta sa e equilibrada e algunhas das propiedades nutricionais de peixes e mariscos que consumimos habitualmente.
Mércores 17. Mércores de natureza: Ruta de sendeirismo duns 15 km entre o apeadoiro de Xuances (Xove) e Viveiro, pasando polas praias de Muiñelo, Esteiro e Area, Porto de Celeiro, Viveiro e Covas. O punto de encontro é o apeadeiro de Vicedo ás 9:45h para desprazarse en tren ata o apeadeiro de Xuances. A volta é ás 16:05 desde o apeadeiro de Covas. Xoves 18 ás 21h. Proxección e entrega de premios das fotografías do concurso de fotografía Turismo O Vicedo. Salón de actos da Casa da Cultura. Venres 19 ás 16h na praia de Xilloi. Concurso de castelos e figuras de area. Para todas as idades (4 categorías). Premio para os 2 primeiros clasificados de cada categoría.
O Concello de Trabada acolleu este domingo o programa Saborea a túa Provincia impulsado pola Deputación de Lugo. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa da localidade, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita gastronómica e de lecer na que o cociñeiro Jesús Villarino, de O’Asador del Alba, elaborou albóndega de Merluza de Burela con faba IXP de Lourenzá en salsa de mel IXP Conde Santo. Os máis pequenos participaron nos obradoiros de cociña e a música de Tumba e Dálle e Atlántica puxeron o ritmo a esta xornada lúdica.
Os participantes puideron gozar dos seus trucos de maxia e da presentación e lectura da super acción de Mauricio, un conto no que se explica e conciencíase sobre as enfermidades mentais.
Para isto, tiveron unha sesión teórica na que tomaron contacto coas principais sinais de tráfico, con normas sinxelas de circulación e, sobre todo, con hábitos adecuados para garantir a súa seguridade, tanto cando van de pasaxeiros dentro dun vehículo como cando son peóns. A actividade deste xoves foi a que lles suscitou maior interese xa que puideron percorrer o circuito de educación vial da DGT con bicicleta, patinete ou patíns, segundo a súa habilidade, e comprender a importancia tanto de protexerse (para o que empregaron casco e controlaron a súa velocidade) como de coidar e protexer ás demais persoas que circulaban polo circuito.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital