Foz, 11 de abril de 2022. Os días 13, 14 e 16 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais esta Sem... Ler máis
Foz, 6 de abril de 2022. O Concello de Foz pon en marcha a Ruta dos Miradoiros despois de colocar un banco de madeira no monte Cornería. O alcalde, Fran Cajoto, chancea: “estamos a poñerllo... Ler máis
Foz, 24 de marzo de 2022. O Concello de Foz, con cargo ao Plan Único do 2021, está procedendo á renovación completa do parque infantil de Paseo de Colón. O alcalde, Fran Cajoto, explica: “re... Ler máis
Foz, 10 de marzo de 2022. AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nu... Ler máis
Foz, 19 de xaneiro de 2022. Foz celebrará a vixésima edición da Festa do Chícaro o día 29 deste mes, sábado, cunhas xornadas gastronómicas dedicadas ao berberecho en 17 establecementos hosta... Ler máis
Foz, 20 de decembro de 2021. O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade au... Ler máis
Foz, 30 de novembro de 2021. O Concello de Foz, en colaboración coa ACIA-CCA, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao porco celta do 4 ao 6 de decembro. Foron presentadas hoxe, ma... Ler máis
Foz, 5 de novembro de 2021. Hoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditar... Ler máis
Foz, 5 de outubro de 2021. AciaFozCCA organiza a campaña Megavatio de Ouro que se desenvolverá do 7 ao 27 de outubro e sorteará 5.000 euros en premios. Un total de 33 establecementos partici... Ler máis
Foz, 1 de outubro de 2021. Onte, xoves, tivo lugar a inauguración da ampliación do contido do centro de interpretación da Basílica de San Martiño. “Trátase de 4 paneis informativos que fan r... Ler máis
Foz, 28 de setembro de 2021. Este xoves, día 30 de setembro, e o sábado, día 2 de outubro, celebraranse as primeiras xornadas San Martiño no Camiño, organizadas polo Concello de Foz. Serán a... Ler máis
Foz, 19 de setembro de 2021. Onte, sábado, tivo lugar no Cenima a presentación do primeiro banco de fotos oficial de Foz cunha pequena representación do mesmo. O concelleiro de Turismo, Chem... Ler máis
Foz, 18 de setembro de 2021. Na tarde de hoxe, sábado, o Concello de Foz presentou no Cenima a súa nova campaña Vive e traballa en Foz, que incide en dar a coñecer os beneficios de residir n... Ler máis
Foz, 17 de setembro de 2021. O Concello de Foz segue traballando na mellora dos seus recursos electrónicos e na atracción de poboación fixa. Mañá, sábado, ás 20 horas no salón de actos do Ce... Ler máis
















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



