O Executivo central esquece que tardaron máis dun ano en corrixir o socavón da Areoura resultado do “agretamento e afundimento do seu firme” e evita responder se prevén intensificar as labor... Ler máis
Balseiro incide, ademais, en que “o Executivo só respondeu a 2 das 4 preguntas formuladas” en relación á continuidade da actividade da planta de San Ciprián e ao mantemento do emprego A Mari... Ler máis
Os representantes populares na Cámara Alta por Lugo compareceron en rolda de prensa diante da estación de tren de Sarria xunto a alcaldes e portavoces da comarca e dos municipios polos que p... Ler máis
Os populares esixen coñecer que trámites e requirimentos de documentación realizou o Ministerio á Deputación de Lugo co obxecto de facerse coa titularidade da parcela, ademais de preguntar c... Ler máis
O feito de que os últimos accidentes tiveran lugar fóra do tramo balizado indica que o perigo por néboa é maior e que as medidas de seguridade actuais son insuficientes para a seguridade dos... Ler máis
A construción do treito do Fiouco, sendo ministro José Blanco, por unha zona de alta montaña con condicións meteorolóxicas adversas moi frecuentes “foi un erro e urxe implantar as medidas co... Ler máis
Barreiro, Balseiro e Serrano compareceron ante os medios xunto a Candia nun almorzo informativo para facer balance da actividade neste primeiro ano de lexislatura Lugo, 29 de xullo de 2024.... Ler máis
Os senadores populares por Lugo formularán unha pregunta ao Goberno de España para saber se ten previsto realizar este novo acceso e, no caso de ser así, que prazos e investimento contempla... Ler máis
Lembran que “o principal obstáculo para a continuidade da actividade desta factoría que xera emprego e riqueza na Mariña” ten que ver coa “dificultade de acceso a un prezo eléctrico estable... Ler máis
Os populares reivindican a substitución da capa de rodadura, a mellora da sinalización, balizamento, defensas e interseccións, o peche perimetral que evitan a entrada de animais e a prolonga... Ler máis
O PP pregunta no Senado por que o Goberno non implanta o sistema antinéboa na A-8 á altura do Fiouco
Os senadores esixirán tamén explicacións sobre as garantías do sistema escollido, o orzamento e as razóns para descartar outros Lugo, 28 de xuño de 2024. O PP lucense pregunta no Senado a tr... Ler máis
Os senadores pedirán ao Goberno de Sánchez que explique aos veciños se ten reclamado ao goberno local unha solución efectiva á situación e aos membros da Policía Nacional se ten previsto inc... Ler máis
Este enlace favorecería o acceso á autovía dun modo máis áxil para os veciños da zona -A Pastoriza é o único municipio da provincia polo que discorre que non dispón dun acceso directo- e, ao... Ler máis
Preguntan tamén porque non se promoven todos os instrumentos públicos de apoio para a industria electrointensiva: un novo estatuto, esgotar as compensacións por CO2, a interrompibilidade e o... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



