A eurodeputada Carmen Crespo pon en valor as medidas da Xunta, algunhas das cales serán incluídas no Libro Branco polo futuro rural de España que están a elaborar os populares Alfoz, 28 de n... Ler máis
Os deputados populares Antonio Ameijide, Demetrio Salgueiro e José María Fernández comprobaron o estado desta infraestrutura xunto ao voceiro popular en Alfoz, Juanjo Fraga, e concelleiros d... Ler máis
Eugenia Requeijo e Juanjo Fraga trasladaron ao responsable de Medio Rural do Goberno galego en sendas visitas as súas propostas e demandas en relación ao sector primario e á prevención de in... Ler máis
Vázquez abordou cos candidatos proxectos incluídos nos seus programas electorais e que teñen relación directa co seu departamento, entre eles os centrados na rehabilitación Lugo, 16 de maio... Ler máis
Destacou que a posta en marcha do Polo do Emprendemento da Mariña lucense brindará un asesoramento personalizado e permanente Lugo, 12 de maio de 2023. O conselleiro de Facenda e Administrac... Ler máis
Castiñeira lembra que “o goberno municipal do PP en Foz xa ten denunciado o seu mal estado” e di que “o tramo da LU-P-0210 ao seu paso por Foz leva moitos anos discriminado polo goberno da D... Ler máis
A número 2 da lista, Raquel Rouco Iglesias, defende a Juanjo Fraga como “un candidato moi capaz” pola súa defensa dos intereses de Alfoz e dos seus veciños Alfoz, 16 de abril de 2023. O Part... Ler máis


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



