BURELA (FNC) .- A Casa da Cultura de Burela acollerá sábado a homenaxe que Asociacións de Escala de Suboficiales da Garda Civil e Concello lle renderán ao sarxento Lorenzo Martín Alonso, fal... Ler máis
Nota de Prensa Sumando a que está en proceso, a porcentaxe acada o 98,5, segundo explicou hoxe en comisión parlamentaria o director xeral de Montes en resposta a unha pregunta da deputada do... Ler máis
A MARIÑA .- A anunciada virulencia do vento da tormenta Xynthia nada tivo que ver cos danos ocasionados polo ciclón Klaus o pasado ano, a finais de xaneiro, na costa lucense. Xynthia deixou... Ler máis
NOTA DE PRENSA O ENTORNO DA FONTE DA TELLA, EN SARGADELOS, NO MESMO ESTADO UN ANO DESPOIS DO KLAUS A PESAR DO CAMBIO DE GOBERNO, MOITOS LUGARES DO CONCELLO DE CERVO ESTÁN EXACTAMENTE IGUAL Q... Ler máis
Nota de Prensa O GPPP asegura que a Deputación mentiu sobre a cuantía que ía destinar a reparar os danos ocasionados polo Klaus * González Barcia di que a partida adicada a arranxar os despe... Ler máis
SANTIAGO .- A Consellería de Economía e Indutria amplía en 2.250.0000 euros o crédito dispoñible das axudas para compensar os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, t... Ler máis
NOTA DE PRENSA: A diputada popular Emma Álvarez denuncia a falta de coherencia do BNG e do seu responsable comarcal na mariña A PREOCUPACIÓN DE ANTONIO VEIGA POR REPARAR OS EFECTOS DO KLAUS... Ler máis
NOTA DE PRENSA A deputada popular Emma Álvarez reiterase na afirmación de que en novembro a madeira derrubada polo Klaus estará retirada dos montes de titularidade privada O RESPONSABLE COMA... Ler máis
Nota de Prensa O BNG urxe ao PP a que se pronuncie sobre a supresión da área sanitaria da costa Os parlamentarios do PP emendan a data fixada na súa anterior convocatoria pública Veiga denun... Ler máis
Nota de Prensa Os deputados do PPdeG José Manuel Balseiro e Emma Álvarez salientan que o actual Goberno autonómico ampliou o crédito nun 200 por cen, pasando de 2 a 6,3 millóns de euros e es... Ler máis
NOTA DE PRENSA OS NACIONALISTAS PIDEN EXPLICACIÓNS AO GOBERNO DE FEIJOO SOBRE A PARALIZACION DOS COMPROMISOS PARA A RETIRADA DA MADEIRA DERRUBADA POLO KLAUS A Consellaría do Medio Rural non... Ler máis
Nota de Prensa A deputada popular Emma Álvarez Chao replica ás críticas de Antonio Veiga, dirixente comarcal nacionalista O BNG NON ESTÁ EN CONDICIÓNS DE INCHAR PEITO CANDO FALA DO KLAUS * O... Ler máis
Nota de Prensa Veiga esixe a Xunta a que se retire a madeira do monte tal como se comprometera Máis da metade da madeira derrubada polo Klaus segue no monte O Bloque Nacionalista Galego quer... Ler máis
CERVO .- Persoal das brigadas forestais dependentes da Consellería de Medio Rural están a desenvolver traballos de libramento dos camiños en varios puntos dos montes do termo municipal cerve... Ler máis
NOTA DE PRENSA Villares ve a palla no ollo alleo, e non ve a viga no propio As propias instalacións do Concello aínda non foro reparadas despois de tres meses do “Klaus” O Grupo Municipal So... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo achaca a “desidia” da consellería de Cultura que non se iniciara a recuperación de Sargadelos dos danos causados polo ciclón Klaus. Desde o Concello... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GPPP AFIRMA QUE A DEPUTACIÓN NON ASIGNOU FONDOS ESPECÍFICOS PARA PALIAR OS EFECTOS DO “KLAUS” • O voceiro adxunto José María González Barcia asegura que a Deputación men... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reclama que a Xunta amañe os danos causados en Sergadelos polo ciclón Klaus. Villares recorda que o pasado 25 de xaneiro o Presidente da Xunta... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo atendeu dende o luns da pasada semana 216 consultas de persoas interesadas en solicitar axudas polos danos derivados do ciclón Klaus. Nesta primeira semana dende... Ler máis
Nota de Presna O BNG ACLÁRALLE AO ALCALDE QUE PARA MEDIO RURAL CERVO É PRIORITARIO NA AXUDA PARA LIBERAR AS PISTAS DOS DESTROZOS CAUSADOS POLO KLAUS En Cervo traballaron tres brigadas do SEA... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



