Manuel Ruiz
Durante 10 horas combinou parte teórica e práctica. Na teoría trataron conceptos básicos, formación e materias primas en apicultura e fabricación de alimento; e na práctica elaboraron in situ, cos ingredientes necesarios, alimento para as abellas. O obxectivo era amosarlle aos apicultores e aos afeccionados a identificar os distintos tipos de alimentos que utilizar na alimentación das abellas así como a analizar os beneficios que poden conseguir no manexo da colmea grazas a unha correcta alimentación. Na presentación estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, quen agradeceu a asistencia de todo o alumnado, a disponibilidade e atención da Casa do Mel e o financiamento das distintas institucións para que este curso se levase a cabo en Xove.
Pola mañá realizarase unha visita guiada ao mosteiro, así como os seus arredores; a medio día visita a Portomarín, e pola tarde a ao pazo de Tor, en Monforte. O prezo da actividade será de 65€ para socios/as e 75 para non socios/as. Para que se realice a actividade deberá haber un mínimo de 20 persoas inscritas. Non se poderá exceder as 30 por limitacións de público nas visitas. Para inscribirse, enviar un correo indicando nome e apelidos. Para aboar o prezo xa se darán instrucións respondendo a dito correo. Tamén se pode facer a inscrición mediante mensaxe de WhatsApp ao 699809606.
O evento, que se celebra de maneira alterna entre os dous concellos veciños, está aberto á participación de persoas de diversas idades, con diferentes percorridos segundo a categoría: a absoluta percorrerá 6,5 quilómetros; infantil e cadete, 1,6 quilómetros; alevín, 1,2 quilómetros; benxamín, 600 metros; e os pícaros, 200 metros. A saída da carreira absoluta será dende diante da Casa da Cultura do Valadouro, cunha meta situada no entorno do pavillón de Alfoz. Pola súa parte, as categorías inferiores correrán arredor do parque municipal de Alfoz. Ademais, haberá unha andaina popular como parte da oferta.
A cita tivo lugar nunha carpa instalada no peirao, a carón da lonxa. Despois do xantar servido por Catering Serrado houbo a actuación musical do Dúo Ángel América, que moitos dos asistentes aproveitaron para bailar. O II Encontro Día do Xubilado foi “un bo momento para compartir entre veciñas, veciños e amizades”, indican desde a Área de Benestar Social. O alcalde, Dani Vega, e varias concelleiras do equipo de goberno acompañaron ás xubiladas e xubilados de Ribadeo neste día.
O filme está dirixido por Xan Leira cuxa actividade está centrada na produción editorial e de documentais relacionados coa recuperación da memoria social e política da Galiza e da diáspora galega. O documental recolle testemuñas sobre especialistas no autor como o dos mariñaos Martín Fernández Vizoso e Pablo Rodríguez "Vivín".
O rexedor contou que “na xuntanza abordáronse actuacións urbanísticas de interese para o municipio. Continuaremos traballando en futuras actuacións e seguiremos informando á veciñanza”. Vega fixo un balance moi positivo do encontro: “a valoración que fago é moi positiva, xa que reforzamos o compromiso de seguir mellorando Ribadeo”.
Marilyn Manson súmase ao cartel xunto a Limp Bizkit —único concerto en España— e outras bandas moi esperadas polo público do festival como Trivium, Converxe ou Caliban. Os novos abonos poñeranse á venda o martes 30, e publicarase proximamente toda a información relativa á compra de entradas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital