RIBADEO .- O Concello de Ribadeo baldeará e limpará cun camión especial, con rodillos, as rúas peatonais da vila, según indicou Horacio Cupeiro, edil responsable de Medio Ambiente, que indi... Ler máis
RIBADEO .- A parroquia de Rinlo dispón de oito contedores soterrados para lixo, vidro e cartón indicou o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro que explicou que os contedo... Ler máis
BURELA .- O Concello decidiu pospoñer ata o vindeiro verán o acceso de cans a unha praia do municipio, segundo acaba de anunciar a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A edil socialis... Ler máis
CERVO.- O grupo municipal do BNG presentou un moción no concello para solicitar que se recolla o aceite doméstico usado. Para iso solicita que se inicie unha campaña de concienciación e a co... Ler máis
Os cans poderán disfrutar este verán da praia do Penoural en Burela, segundo anuncia a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, que explica que <se trata dunha novidade que poñemos en marcha... Ler máis
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinará en breve coa Consellería de Medio Ambiente un convenio de colaboración para a adquisición dun camión para a recollida do lixo que sustituirá ao... Ler máis






















No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.



