Nota de prensa Fallo do IV Certame de BD OMIX Valadouro O Xurado presidido polo Concelleiro de Cultura José Lamela e integrado por David Rubín, Kike Benlloch e Kiko da Silva dedicidiron outo... Ler máis
O VALADOURO .- A oficina municipal de información ao consumidor de O Valadoruo convocou o “IV Certame de Banda Deseñada OMIX Valadouro”, certame dotado cun premio único de 600 eu... Ler máis
O programa de Ludixullo, organizado pola OMIX do concello de O Valadouro, segue o seu curso todo o mes de xullo, martes e xoves, de 16:30 a 18:30h, na Casa da Cultura teñen lugar moitas das... Ler máis
A OMIX do Concello de O Valadouro organizou un “karaoke e alfombra bailona” na casa da Cultura no que participaron sobre todo nenas de 6º e 5º do CEIP, que foron o público máis a... Ler máis
O VALADOURO .- A OMIX de O Valadouro “continúa os obradoiros de lecer no mes de xullo que este ano desenvolve apostando pola innovación e a capacidade didáctica e de lecer que sorprend... Ler máis
O VALADOURO .- A OMIX do Concello do Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís, no mes de xullo, para nenos e nenas de 6 a 12 anos, en sesións de dúas horas, os martes e xoves de 16... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ducias de nenos se deron cita de luns a mércores pola mañá e pola tarde no Cantón de Ribadeo para participar nas actividades deportivas organizadas pola Oficina Municipal de... Ler máis
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cervo pon a disposición das persoas interesadas información sobre nocións básicas máis salientables sobre campamentos, albergues e outro... Ler máis



















Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



