PORTOMARÍN .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez e o secretario da Mesa do Parlamento galego, José Manuel Balseiro, sumanse a extensa... Ler máis
PORTOMARÍN .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez e o secretario da Mesa do Parlamento galego, José Manuel Balseiro, sumanse a extensa... Ler máis
Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?. “Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor. A cita é ás 20.30 h.
Estes talleres son impartidos pola asociación Saúde Mental A Mariña, na Casa do Mar. Nos meses pasados as persoas inscritas participaron nun taller de resina, e nun taller textil; xa en xuño dedicaranse a deseñar axendas personalizadas.
A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, terá lugar o sábado 25 de maio. En xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada, o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel. As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo mr.patrimonio@gmail.com para obter a información necesaria sobre as condicións e o custe da actividade.
Este acto será levado o mesmo venres a escea por Trémola Teatro a partires das 20:00 horas na Casa da Cultura. De seguido no mesmo escenario, será o momento do recital "Cantando as nosas letras" a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das nosas letras como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa.
Horario: Mañás de 8:30 a 15:00 h. Tardes de 16:30 a 20:30 h.
Os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e premiado coa experiencia Entre burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 330 estancias; e o 6.113, que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, cortesía de Galería Terra Branca.
Os pequenos e pequenas celebraron a primavera a través desta festa popular de exaltación da natureza.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital