Cervo, 13 de abril, 2026. O Partido Popular de Cervo criticou ao PSOE local por, segundo sinalan, xerar alarma social arredor dos Servizos Sociais municipais e por utilizar politicamente tan... Ler máis
Cervo, 1 de xuño, 2023. O candidato popular á reelección, Alfonso Villares, fixo un balance moi positivo dos comicios celebrados este pasado domingo cualificando de “extraordinarios” os resu... Ler máis
O coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, interveu nos mitins en O Vicedo, Xove e Cervo Lugo, 26 de maio de 2023. Os candidatos populares na Mariña traballaron in... Ler máis
Será ás 21:30h na Casa da Cultura. Falarán, entre outros, Antonio Basanta, dtor xeral de pesca e membro da candidatura; Rosa Quintana, conselleira do mar; e o candidato á reelección, Alfonso... Ler máis
Cervo, 17 de maio, 2023. Oalcalde e candidato á reelección puxo en valor os investimentos realizados e os servizos financiados polo Goberno galego en Cervo: “Grazas a esta axuda, o Concello... Ler máis
Villares tamén apostou pola continuidade da gratuidade na escola infantil municipal e dos programas de conciliación nos períodos de vacacións sinalando que, en ambos casos, “nos esforzamos p... Ler máis
Villares dixo que se trata dunha “candidatura reforzada” que se presenta ante os veciños cos “mellores avais: ilusión, ganas, experiencia e xuventude” Cervo, 6 de maio de 2023. Alfonso Villa... Ler máis
Será este sábado, 6 de maio, ás 12:00 horas, na Casa do Mar, en San Cibrao. Intervirán o candidato á Alcaldía, Alfonso Villares, o Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López-Prado e o coord... Ler máis
Dende a dirección provincial destacan o reforzo do partido en Cervo de cara ás eleccións municipais, co obxectivo de mellorar aínda máis o resultado conseguido nas anteriores Cervo, 26 de no... Ler máis
Postos a pedir explicacións os populares “agardan aínda” que expliquen por que o Goberno de España non aproba o estatuto de empresas electrointensivas que se precisa para reactivar a produci... Ler máis
Cervo, 15 de decembro de 2021. O pleno do Concello de Cervo aprobou na mañá de hoxe unha moción proposta polo PP de Galicia para establecer medidas de control en favor dos gandeiros e gandei... Ler máis
Cervo, 21 de novembro de 2021. A presidenta provincial do PP, Elena Candia; e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; participaron xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, nunha reuni... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



