RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o mercado semanal de Ribadeo goza de boa saúde e que están estudando a posibilidade de amplialo un pouco máis nas rúas Ramón González... Ler máis
RIBADEO .- Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, “dende que se presentara publicamente o pasado 25 de outubro, funciona con total normalidade, tanto no plano académico... Ler máis
RIBADEO .- A executiva local do Partido Popular en Ribadeo iniciou o proceso para elixir o candidato á alcaldía ribadense para as eleccións municipais de 2011 nunha reunión celebrada na tard... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, dixo esta mañá que “estamos contentos por esta convocatoria que saiu o venres sobre as Axendas 21. Saiu o concurso para imp... Ler máis
RIBADEO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Ribadeo. No mes... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo, a través do Núcleo de Sostibilidade, organiza unha actividade educativa de coidado do monte de Santa Cruz e de manexo sostible dos residuos. Váise cel... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- ACISA y CCA denuncian o dano causado aos seus asociados e aos veciños polos cortes que se produciron na subministración eléctrica na xornada do domingo en Ribadeo. O preside... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O vindeiro luns 2 de novembro dará comenzo nas parroquias ribadenses a ximnasia de mantemento. O prazo de inscrición segue aberto no Auditorio Municipal. Os interesados teñe... Ler máis
A MARIÑA .- A asociación Arrincadeira de Riotorto organiza a terceira edición da Festa das Cabazas, será o sábado 31 de outubro, ás catro da tarde, desenvolverase na Casa da Cultura. En O Vi... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia novas actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de comunicarlle ao subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, que vai convocar nos vindeiros días á xunta local de seguridade... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, volta con boas sensacións tras a xuntanza que mantivo este mediodía en Santiago co director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e co... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asistirá o vindeiro luns 26 de outubro en Santiago ao encontro entre Concello, Fomento e Dirección Xeral de Patrimonio para falar da a... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, valorou de xeito moi positivo o seu paso polo foro sobre parques industriais que se celebrou estes días en Sigüenza e en Madrid, organiz... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo os sete millóns de euros que a Xunta investirá no 2010 en Ribadeo, pero bota en falla as consignacións necesarias para a... Ler máis
RIBADEO .- A asociación ribadense Atalaia discrepa da concellería da Muller, Cultura e Educación e queixase de que as rúas con nomes dedicados a mulleres póñenlle “os letreiros ás agac... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O vindeiro 2 de novembro dará comenzo nas parroquias ribadenses a ximnasia de mantemento “grazas á boa disposición de todos vós e ao éxito de participación que se conseguiu... Ler máis
RiIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o 14 de novembro unha xornada de Estímulo de Talentos Matemáticos a través da astronomía, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente. Horacio... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, está a enviar cartas aos propietarios de solares, fincas ou terreos no casco urbán e nos núcleos rurais para que os limpen e os adecen... Ler máis
RIBADEO (FNC) .-O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de enviarlle un novo escrito ao enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, sobre ese terceiro acceso á variant... Ler máis
A MARIÑA .- Á fundación Herederos de la Mar “denuncia o silencio das administracións” en casos como o do Alakrana, ou o do mariñeiro ribadense repatriado desde Francia o pasado a... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, mantivo este mediodía un encontro na Coruña co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González del Río, co que an... Ler máis
RIBADEO (FNC).- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicou hoxe os investimentos que se levarán adiante este ano a través do núcleo de sostibilidade. O edil nacionalista sina... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Os cascos tradicionais de Ribadeo e Rinlo recibirán 1.200.000 euros para a rehabilitación de 80 vivendas e tamén de obra pública, segundo ven de anunciar o alcalde. Fernando... Ler máis
RIBADEO (FNC).- Teatro, música, exposicións ou a celebración por primeira vez do Samaín son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para o último trimestre do ano. A concelleira... Ler máis
Dende hoxe e ata o 31 de outubro, o restaurante A Dorada do Cantábrico de Ribadeo organiza a quincena do marisco . O prezo das racións preparadas á prancha de navallas, gambón, lagostinos, c... Ler máis
RIBADEO .- Os faladoiros da emisora de radio Onda Cero A Mariña (102,3 FM) contan cun novo colaborador, que é o focense Xosé Ramón Ermida, avogado e ex-responsable comarcal do Bloque Naciona... Ler máis
RIBADEO (FNC).-. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, envíalle un escrito ao ministro de Fomento, José Blanco, amosando o malestar que produciu na vila a eliminación de proxecto de constru... Ler máis
RIBADEO (FNC) .-. O teatro será o protagonista nesta ponte festiva en Ribadeo. Haberá dúas representacións, unha para os nenos e outra para os adultos, o domingo e o luns respectivamente. A... Ler máis
As persoas aficionadas a práctica do ping pong, a calquera nivel, maiores de 18 anos, do entorno de Ribadeo, poden contactar con Ludo Polders no teléfono 699 865 189 quen asegura que esta in... Ler máis















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



