O sábado 23 de maio no Auditorio de Sargadelos, en Cervo, actuará o duo “Loli Rosado e Fajardo”, co grupo de cantareiras “Cordeaia”, ademais darase lectura a Vida e Obra de Ramón Piñeiro, o... Ler máis
NOTA DE PRENSA: OS NACIONALISTAS FELICÍTASE DO APOIO UNÁNIME A MOCIÓN DO BNG PARA O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO E VIABILIDADE DA CERÁMICA DE SARGADELOS. O BNG criticou a parálise do PP... Ler máis
Nota de Prensa O PSdeG-PSOE de Cervo propón que a cerámica de Sargadelos estea presente nos agasallos institucionais do Xacobeo 2010. O apoio aos traballadores e á empresa debe ir acompañado... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo un segundo contacto co xerente da cerámica de Sargadelos, Roberto Alonso, despois de que a finais de abril tiveran a oportunidade de re... Ler máis
NOTA DE PRENSA BALSEIRO DISPOSTO A TRABALLAR NA PROCURA DE GARANTIR A TOTALIDADE DOS EMPREGOS DA FÁBRICA DE CERÁMICA DE SARGADELOS * Cualifica de oportunista a moción do BNG coa que agora os... Ler máis
NOTA DE PRENSA BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN DE APOIO E MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO NA CERÁMICA DE SARGADELOS O BNG cre que as administracións non se poden manter ao marxe da situación dos... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo achaca a “desidia” da consellería de Cultura que non se iniciara a recuperación de Sargadelos dos danos causados polo ciclón Klaus. Desde o Concello... Ler máis
SARGADELOS .- As representantes da CIG no comité de empresa da fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, fixeron pública a súa inquietude polo futuro da empresa e aseguran que “moit... Ler máis
CERVO .- O grupo cerámico Sargadelos presentou aos traballadores un expediente de regulación de emprego temporal que afectaría a 245 empregados das plantas que o grupo ten en Sargadelos, en... Ler máis
CERVO .- O secretario xeral da Consellería da Presidencia, púxose en contacto co alcalde de Cervo para informalo que o seu departamento acordara financiar o custe do acondicionamento do espa... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reclama que a Xunta amañe os danos causados en Sergadelos polo ciclón Klaus. Villares recorda que o pasado 25 de xaneiro o Presidente da Xunta... Ler máis
CERVO .- Na Casa da Administración de Sargadelos, en Cervo, presentase o luns día 9, as oito da tarde, o libro “Discursos económico-políticos sobre a restauración dos montes e plantíos en Es... Ler máis
CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistirá o venres a unha reunión no concello asturiano de Santa Eulalia de Oscos para iniciar os traballos para conmemorar o bicentenario do pa... Ler máis
CERVO .- A exposición “Galicia, conservando a natureza” da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e promovida polo concello de Cervo, permanecerá aberta... Ler máis
CERVO.- A mostra “Agua”, que permanece aberta ao público dende o pasado 2 de agosto no Museo da Industria de Sargadelos, prolongará a súa estadía ata o vindeiro 31 de setembro. S... Ler máis
A MARIÑA .- Esta fin de sema tocoulle a Foz, denunciao publicamente a asociación de veciños O Castro, e fai uns días foi no Monte Castelo en Burela. En Foz romperon mobiliario e mutilaron a... Ler máis
CERVO.-O día 2, as 12,30 horas tivo lugar a inauguración da mostra “Agua” do grupo artístico ‘Outro’ no Museo da Industria de Sargadelos. A mostra, na que colabora o Concello de... Ler máis


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



